Turnitin é unha aplicación antiplaxio subscrita de forma consorciada para as tres universidades galegas a través do CIXUG.
Acceso ao programa: podes entrar directamente dende Log in (consulta previamente o procedemento de como solicitar e crear unha conta, a primeira vez deberás facelo dende www.cixug.gal e, en concreto, dende esta páxina de solicitude de conta).
Se olvidaches o teu contrasinal ou queres modificalo, segue o procedemento que se explica no enlace.
A xestión da aplicación baséase na seguinte estrutura:
- Administrador/a central: CIXUG. Contactade a través da súa Sede Operativa:
email: turnitin@cixug.gal ; info@cixug.es
Tlfn: +34 986 813 880
- Administrador/a a nivel UDC: Secretaria do Reitor.
- Administrador/a de centro: actualmente sen definir na UDC.
Para os problemas que poidades ter cos permisos, fallos no funcionamento da aplicación, etc., poñédevos en contacto directamente co CIXUG.