Requisitos de depósito nun repositorio

Unha das grandes novidades da pasada convocatoria foi o requisito de depósito das aportacións incluidas na solicitude de sexenios.

Isto quere dicir que todas as vosas aportacións principais e sustitutorias deberedes depositalas previamente nun repositorio (institucional, temático ou xeralista), cumprindo cos requisitos e condicións que se explican máis abaixo.

Ademais, será conveniente depositalas o antes posible para así mellorar as estatísticas de uso e lectura, que agora tamén se teñen en conta para valorar o impacto científico do traballo.

Dende a Biblioteca da FIC poñemos a vosa disposición o seguinte FORMULARIO DE DEPÓSITO, no que podedes solicitar a subida ao RUC dos vosos traballos.

 

Condicións de depósito requeridas pola CNEAI (ANECA)

Segundo a Sección I.5. dos criterios para la evaluación de la actividad investigadora de CNEAI:

Se requerirá el depósito de los resultados de la investigación que se sometan a evaluación en repositorios institucionales, temáticos o generalistas de acceso abierto, incluyendo un identificador persistente (DOI, Handle, ARK, SWHID, o, en general, una URI/URL única permanente).

 

Exemplo de repositorio institucional: o RUC.

Exemplo de repositorio temático: arXiv.

Exemplo de repositorio xeneralista: Zenodo.

(Por suposto, non valen páxinas persoais, do grupo de investigación, ResearchGate, Academia.edu, etc.).

 

En el caso de las publicaciones académicas, sean en formato artículo, libro o capítulo de libro, las personas solicitantes deberán aportar evidencia de haber depositado una copia de la versión final de la aportación aceptada para publicación en un repositorio de su institución o en un repositorio temático o generalista de acceso abierto. El depósito podrá hacerse en acceso abierto, acceso restringido, embargado o con acceso solo a los metadatos, respetando en todos los casos la gestión de derechos de autoría amparada por el marco legal vigente en el momento de la publicación.

 

Incluirase (preferentemente no campo de "Indicios de calidade" do formulario) o handle ou identificador persistente do traballo depositado no repositorio.

Por tanto, como se pode ler é imprescindible depositar os traballos no repositorio (por exemplo no RUC), pero non é necesario que se faga en aberto. Ademais que nalgúns casos, por razóns de dereitos de autor, non será posible poñer os documentos en aberto (consultádenos ante calquera dúbida neste punto).

Dúas cousas moi importantes a ter en conta:

  1. Acéptanse as versións postprint, e dicir, as posteriores á revisión por pares. Vale igual depositar o borrador da versión final aceptada como a versión final publicada (que incorpora a maquetación final do editor), pero non é suficiente con depositar unha versión preprint (anterior á revisión por pares).
  2. Aínda que non é necesario depositar en aberto, o ano pasado valorouse 1 pto sobre 10 a contribución á ciencia aberta. É dicir, se non se deposita en aberto hai poucas posibilidades de que se obteña o punto. De feito, para o campo 6.2., un dos criterios para obteñer o punto nese apartado era depositar en aberto o documento en máis dun repositorio.

 

Los conjuntos de datos que se sometan a evaluación deberán cumplir con los principios FAIR (fáciles de encontrar, accesibles, interoperables y reutilizables) y, siempre que sea posible, se difundirán en acceso abierto en repositorios o infraestructuras de datos de confianza. Por último, en el caso de los programas de ordenador, se valorarán las contribuciones relevantes a programas distribuidos como software libre, entendiendo como tal aquel que cumpla la definición publicada por la Open Source Initiative (https://opensource.org/osd/) y que, por tanto, esté protegido por alguna de las licencias aprobadas por este organismo (https://opensource.org/licences/).

 

Dende o ano pasado, tanto os conxuntos de datos como o software pódense presentar como aportación principal. Pero ademais, con carácter asociado a unha publicación, a súa publicación en aberto en respositorios tamén se terá en conta no apartado da contribución á ciencia aberta (1 pto) e se teñen moitas vistas e descargas, tamén ao apartado de impacto social (1 pto).