Puntuacións, indicadores e exemplos de bibliometría narrativa

Que ides atopar aquí

Nesta páxina, navegando polo menú da esquerda e de arriba, atoparedes unha análise de que está a pedir o Comité Asesor do voso campo, como o vai a avaliar, datos que vades ter que recolectar e exemplos de bibliometría narrativa. Todo, seguindo o esquema plantexado no Baremo Xeral da ANECA e no propio documento do Comité Asesor para o campo 6.2.

 

Documentación e enlaces de interese

Non existe un documento de referencia que poida solventar todas as dúbidas, así como ofrecer os exemplos de redación satifactorios para cubrir a xustificación da calidade da aportación que solicita a nova convocatoria da ANECA con toda seguridade de que o estamos a facer perfecto, xa que a causística pode ser moita, existen particularidades para cada campo e as circunstancias de cada aportación van variar.

Dito isto, aquí vos ofrecemos unha listaxe dos mellores recursos que atopamos ata agora para que poidades ter unha orientación suficiente para buscar e recuparar os datos necesarios para elaborar a bibliometría narrativa esixida cunha certa seguridade.

  • Fundamentos de Bibliometría Narrativa (15 de enero de 2024). Elaborado por autores que participaron no novo cambio de filosofía da ANECA, o documento ponse interesante no apartado 4 "Las narrativas" (páx. 10) onde van poñendo exemplos de como crear unha boa narrativa. Na páxina 16 aparece unha táboa cos indicadores a utilizar e as fontes. A partir da páxina 20 aparecen moitos máis exemplos de bibliometría narrativa que podedes utilizar como modelo. Ollo, non todos os indicadores que utilizan son accesibles. Ofrecen exemplos moi elaborados e, por tanto, as veces complexos.
  • Indicios de relevancia e impacto y fuentes de información para su localización. Biblioteca da UCM. É un documento que de forma sinxela vai mostrando os datos e indicadores necesarios para xustificar as 3 dimensións (nivel aportación, nivel medio e ciencia aberta), con pantallazos de como atopalos e exemplos de bibliometría narrativa.
  • Exemplos de redacción de Amalia López. Ten un fio en X (Twitter) e un documento máis amplo onde ofrece máis consellos e exemplos de narrativa. Sinxelos de entender e ao grao.
  • Fíos en X (Twitter) do especialista Ángel Delgado. Neles vai ofrecendo dunha forma moi directa e sinxela como atopar a información necesaria para elaborar a bibliometría narrativa das vosas aportacións. Son os seguintes (non engadimos dous deles por ser máis específicos para áreas de ciencias sociais e humanidades):