Aínda que os métodos de avaliación científica cambiaron, para a área das ciencias da computación, un criterio importante para valorar a carreira científica dun investigador consiste en cuantificar o prestixio das revistas nas que publica os seus traballos.
E por prestixio das revistas, ata o de agora, hai que entender a posición e cuartil na que se atopa dentro das categorías temáticas do Journal Citation Report (JCR) de Web of Science.
O JCR é unha ferramenta para a avaliación de revistas científicas. É de pago, pero pódese consultar desde a web da Biblioteca da UDC, no A-Z de bases de datos (está ordenada dentro da letra "W" de Web of Science).
https://udc.es/es/biblioteca/recursos_informacion/bases_de_datos/index.html
O JCR avalía desde 2023, e por primeira vez, todas as revistas incluídas en Web of Science Core Collection (é dicir, aquelas indexadas tanto en Science Citation Index, como no Social Science Citation Index, Arts & Humanities Citation Index ou o Emerging Source Citation Index), calculando para cada unha das revistas o "factor de impacto", indicador polo que se ordenan as revistas dentro de cada categoría e que pondera a media de citas recibidas polos artigos da revista.
En total, JCR clasifica e avalía preto de 21.500 revistas en 254 categorías temáticas. Á área de ciencias da computación lle corresponden 14:
AUTOMATION & CONTROL SYSTEMS
COMPUTER SCIENCE, ARTIFICIAL INTELLIGENCE
COMPUTER SCIENCE, CYBERNETICS
COMPUTER SCIENCE, HARDWARE & ARCHITECTURE
COMPUTER SCIENCE, INFORMATION SYSTEMS
COMPUTER SCIENCE, INTERDISCIPLINARY APPLICATIONS
COMPUTER SCIENCE, SOFTWARE ENGINEERING
COMPUTER SCIENCE, THEORY & METHODS
INFORMATION SCIENCE & LIBRARY SCIENCE
LOGIC
MATHEMATICAL & COMPUTATIONAL BIOLOGY
MEDICAL INFORMATICS
RADIOLOGY, NUCLEAR MEDICINE & MEDICAL IMAGING
ROBOTICS
Non é importante para os intereses do investigador deterse en se as nosas revistas candidatas están incluídas nunha ou outra categoría (normalmente estarán indexadas en máis dunha), senón no seu posicionamento dentro delas.
O JCR publícase en distintas edicións. Ata o de agora, publicábanse dúas edicións por ano (unha correspondente ás revistas indexadas en Science Citation Index e outra coas revistas incluídas en Social Science Citation Index). Desde 2023, incrementouse a 4 edicións por ano (para SCI, SSCI, A&HCI e ESCI).
Por exemplo, para xustificar a calidade dos traballos dunha solicitude de Sexenios, o factor de impacto e cuartil a cubrir na solicitude é o correspondente ao ano da publicación do artigo na revista.
No JCR pódese buscar as revistas directamente polo título, por ISSN ou navegar a través das categorías.
Por desgraza, ninguén pode asegurar que unha revista ata o de agora ben colocada manteña a posición de privilexio para o ano no que decidimos enviar o noso borrador e publican o noso traballo. Por iso é importante analizar a tendencia dos últimos anos da revista, ver se mellora o seu posicionamento, se se mantén estable etc.
Unha ferramenta moi sinxela e de consulta gratuíta é Scimago Journal Rank. É unha clasificación realizada en España e baséase para os seus cálculos nos datos de citas dentro da base de datos Scopus. Por tanto, as súas categorías e o posicionamento das revistas non vai ser o mesmo que no JCR. Pero son recursos moi similares con conclusións case equivalentes. Para coñecer en segundos a calidade dunha revista de forma "indolora" é ideal.
Por ejemplo, la revista "Machine Learning" (ISSN 0885-6125) se encuentra situada en el JCR edición 2022 en la posición 31/145, aún en el Q1, pero muy cerca de caer en el Q2 dentro de la categoría de "Computer Science, Artificial Intelligence". Sólo está indexada en esta categoría. ¿Cómo valoramos su interés? ¿Será Q1 el año que viene o Q2? Imposible saberlo.
Si consultamos la revista en Scimago Journal Rank veremos rápidamente que lleva en el Q1 desde 1999 en adelante, salvo para los años 2017, 2018 y 2020, en el que cayó al Q2 para la categoría "Artificial Intelligence". Es decir, últimamente ha alternado cuartiles, por lo que si sólo nos valiese una revista Q1, es mejor que optáramos por otra opción.
Por exemplo, a revista "Machine Learning" (ISSN 0885-6125) atópase situada no JCR edición 2022 na posición 31/145, aínda no Q1, pero moi preto de caer no Q2 dentro da categoría de "Computer Science, Artificial Intelligence". Só está indexada nesta categoría. Como valoramos o seu interese? Será Q1 o ano que vén ou Q2? Imposible sabelo.
Se consultamos a revista en Scimago Journal Rank veremos rapidamente que leva no Q1 desde 1999 en diante, salvo para os anos 2017, 2018 e 2020, nos que caeu ao Q2 para a categoría "Artificial Intelligence". É dicir, ultimamente alternou cuartiles, polo que se só nos valese unha revista Q1, é mellor que optásemos por outra opción.
https://www.scimagojr.com/journalsearch.php?q=24775&tip=sid&clean=0