Tanto a Ley de la Ciencia como a LOSU favorecen cada vez máis a publicación en aberto dos resultados da investigación, entendendo como estes non só o artigo final, senón o conxunto de artefactos resultantes das distintas fases do ciclo do produción científica: metodoloxías, conxuntos de datos relacionados coa publicación, software etc.

Centrándonos no artigo de revista, a vía dourado ou pago por autor está a xeneralizarse no mundo da edición científica. E aínda que nalgúns casos, a publicación en aberto non conleva un pago por publicar (revistas "diamante"), en xeral - e en especial respecto ás revistas de prestixio internacional - isto conleva o pago dunha tarifa elevada, o que se denomina os APC (Article Processing Charge).

Para reducir o seu impacto sobre o investigador, así como para loitar contra o dobre pago que se pode estar a realizar desde as institucións académicas, púxose en marcha un movemento denominado "acordos transformativos", que na práctica, redúcense a acordos tipo "Read & Publish". En que consisten? En que a institución - no caso de España principalmente a través da CRUE - chega a un acordo con algunhas das grandes editoriais científicas para que, mediante a firma do correspondente contrato, as universidades asociadas non só poidan ter acceso ás revistas da editorial, senón que tamén permita anualmente a publicación "gratuíta" (ou cun desconto importante) dun número limitado de artigos dos seus investigadores nas mesmas.

Na Biblioteca Central elaboraron unha Infoguía na que se explica con detalle quen se pode beneficiar deste acordo (membros da UDC), requisitos e as revistas das distintas editoriais coas que temos actualmente acordo.

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto