Onde publicar o teu próximo traballo? Criterios a ter en conta.

Crear un grupo de investigación, buscar financiamento adecuado, levar a cabo os proxectos previamente planificados..., todo ese inxente traballo pode non ser suficientemente recompensado se non escollemos acertadamente as revistas na que publicaremos os nosos traballos.

É por iso, que debemos tomar a fase de selección da revista como un problema estratéxico, o cal se pode reducir a unha serie de variables que debemos coñecer e analizar.

Os especialistas en publicación científica sinalan como un erro escribir primeiro o artigo e, só posteriormente, pensar a que potenciais revistas podemos enviar o borrador. Ao contrario, recoméndase - antes de comezar coa redacción formal do paper - seleccionar a revista obxectivo, para que desde o primeiro momento os autores poidan adaptar a estrutura, o enfoque e mesmo o ton - ademais dos aspectos máis formais - a aquela.

Agora ben, que variables ou criterios debemos ter en conta á hora de elixir as nosas revistas candidatas? Principalmente debemos ter en conta:

  • Coincidencia temática.
  • Prestixio da revista (impacto e visibilidade).
  • Políticas de autoarquivo.
  • Posibilidade de non pagar os costes de publicación en aberto (acordos transformativos).
  • Outros.

Imos ver cada unha delas con detemento (ver menú da esquerda).