Como facer os datos FAIR

Open Science Training Handbook (1.0). https://book.fosteropenscience.eu/ (c) CC0 1.0 Universal - Open Science Training Handbook (1.0). https://book.fosteropenscience.eu/
 
 
En 2016 publicáronse os “Principios FAIR para a xestión e administración de datos de investigación” en Scientific Data. Neste artigo presentábanse os principios FAIR, que ofrecen un conxunto de calidades precisas que unha publicación de datos de investigación debería seguir para que os datos sexan Encontrables, Accesibles, Interoperables e Reutilizables (en inglés Findable, Accessible, Interoperable, and Reusable).
 
No marco do desenvolvemento da Ciencia Aberta, a Comisión Europea require que todos os proxectos financiados co actual Programa Horizon Europe e o anterior Horizon 2020, salvo excepcións xustificadas, desenvolvan un plan de xestión de datos e garantan o acceso aberto aos datos de investigación. Os datos deben depositarse en aberto seguindo os principios FAIR que describen como deben organizarse os resultados da investigación para que se sexan encontrables, accesibles, interoperables e reutilizables.
 
Publicar os datos seguindo os principios FAIR permite cumprir co lema «as open as possible, as closed as necessary».
 
Como facer os datos FAIR
 
Localizables:  Os metadatos e os datos deben ser fáciles de atopar. Para iso recoméndase asignar aos datos un identificador único e persistente, describilos con metadatos enriquecidos e rexistrar os metadatos nun recurso con motor de procura.
 
Accesibles: Ha de ser posible que tanto persoas como máquinas teñan acceso aos datos, baixo condicións específicas ou restricións cando sexa oportuno. Utilizar protocolos de comunicación estandarizados para a recuperación de datos e metadatos mediante o identificador; usar protocolos abertos e gratuítos; permitir procedementos de autenticación e autorización cando os datos non poidan estar en aberto; e garantir que os metadatos sexan accesibles, mesmo cando os datos xa non estean dispoñibles.
 
Interoperables: Os datos e metadatos han de axustarse a formatos e estándares recoñecidos para permitir a súa combinación e intercambio. Os datos proporciónanse en formatos coñecidos e usados amplamente, e preferiblemente abertos. Os metadatos proporcionados seguen estándares recoñecidos. Sempre que sexa posible utilizaranse vocabularios controlados, palabras chave, tesauros ou ontologías. Inclúense referencias e ligazóns a outros datos relacionados.
 
Reutilizables: Publicar datos e metadatos cunha licenza clara e accesible sobre o seu uso e reutilización; asocialos con información sobre a súa procedencia e cumprir cos estándares relevantes que usa a comunidade dese dominio concreto.
 
Ferramentas de verificación:
 
 

Fonte imaxe: Sonja Bezjak, April Clyburne-Sherin, Philipp Conzett, Pedro Fernandes, Edit Görögh, Kerstin Helbig, Bianca Kramer, Ignasi Labastida, Kyle Niemeyer, Fotis Psomopoulos, Tony Ross-Hellauer, René Schneider, Jon Tennant, Ellen Verbakel, Helene Brinken, & Lambert Heller. (2018). Open Science Training Handbook (1.0).