Que son os datos de investigación

Segundo a OECD, os datos de investigación ou research data son todo o material que foi rexistrado e utilizado como fonte primaria durante a investigación científica, e que é comunmente aceptado pola comunidade científica como necesario para validar os resultados da investigación. Un conxunto de datos constitúe unha representación sistemática e parcial do tema investigado.

Considéranse datos de investigación:

  • cadernos de laboratorio,
  • cadernos de campo,
  • datos de investigación primaria,
  • cuestionarios,
  • cintas de audio,
  • vídeos,
  • desenvolvemento de modelos,
  • fotografías,
  • películas,
  • obxectos dixitais,
  • algoritmos,
  • scripts,
  • bases de datos,
  • metadatos e esquemas de metadatos,
  • configuracións de software, as comprobacións e as respostas da proba.

Ademais diso, o código de software utilizado para xerar, comentar ou analizar os datos tamén pode ser considerado como dato.

Non son considerados datos finais de investigación: notas de laboratorio, sets de datos parciais, análises preliminares, borradores de traballos, plans para investigacións futuras, comunicacións con colegas, obxectos físicos, exemplares de laboratorio como ratos e mostras de laboratorio ou cepas de bacterias.

Os datos poden ser numéricos, descritivos ou visuais.

Clasificación:

  • Segundo a súa natureza: cualitativos ou cuantitativos.
  • Segundo o seu nivel de procesamento: en estado bruto (datos primarios), procesados ou analizados.
  • Segundo a fonte da que proveñen: experimentais (ex. cromatografías), observacionales (ex. enquisas) ou computacionais (obtidos mediante simulación).
  • Segundo o seu formato: textuais (Word, PDF, RTF...), numéricos (Excel, CSV...), multimedia (JPEG, MPEG, WAV...), estruturados (XML, MySQL...), código de software (Java, C...), específicos dun software (Mesh, 3D CAD, modelo estatístico...) ou específicos dunha disciplina ou instrumento.
(c) CC-BY Patrick Hochstenbach