Datos de investigación

Atopar datos de investigación

Buscadores

OpenAIRE Explore

DataCite

DataSet Search (Google)

OpenDataSoft

World Values Survey

ICPSR   Repositorio de ciencias sociais, hai datos de acceso libre e outros de acceso por subscripción.

CESSDA Data Catalogue recolle datos europeos en ciencias sociais

Tamén podemos atopar conxuntos de datos relacionados con artigos publicados en revistas académicas, en Web of  Science e en Scopus en cada busca amosan se hai resultados de conxuntos de datos.

Plan de xestión de datos de investigación

O plan de xestión de datos é o documento que recolle todo o relacionado cos nosos datos de investigación. A súa extiensión, formatos, conservación, copias de seguridade, licenzas, etc.

DMPonline é unha ferramenta que nos axuda a redactar o plan de xestión de datos. Na seguinte guía podedes atopar información máis detallada.

Guía plan de xestión de datos de investigación

Se imos recoller datos a través dunha enquisa ou entrevista haberá que ter en conta a lexislación vixente sobre protección de datos, trasladar ao Comité de Ética da Universidade todo o relacionado con tratamento dos datos persoais ou sensibles.

É imprescindible consultar a páxina da UDC de Protección de datos

Tamén haberá que dispoñer dunha folla de consentimento para que asinen as persoas participantes en enquisas ou entrevistas.

Un exemplo é este  Modelo abreviado de consentimento