No mes de marzo de 2023 comezamos este novo proxecto co obxectivo de que este club de lectura sexa un dos lugares de encontro para a comunidad universitaria no que poder compartir o pracer pola lectura en forma de conversa.
Como vedes, non tiñamos grandes obxectivos nin pretensións pero si moita ilusión por iniciar unha actividade na que intentamos socializar un acto privado como é a lectura.
Así que desde entón reunímonos cada curso unha vez ao mes de outubro a xuño.
Para participar en cada sesión deste club só tedes que cubrir este Formulario
Reunión Xuño 2026
Día: mércores 17
Hora: 18.30h
Lugar: Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Lectura: 'El bosque animado' de Wenceslao Fernández Flórez
Visita guiada — 16.30 h: Como complemento desta sesión, organizouse unha visita guiada á Casa-Museo Villa Florentina. O desprazamento será pola túa conta e a entrada (3€) deberás pagala ao comezo da visita en Villa Florentina.