Funcións

A Asesoría Xurídica da Universidade da Coruña vén a desenvolver as seguintes funcións:

Función consultiva.

En ejercicio desta función, correspóndelle a emitir os informes xurídicos que sexan preceptivos por disposicións legais e os que os órganos de goberno xulguen necesarios para resolver, nos seguintes supostos:

  1. Pregos de Cláusulas Administrativas reguladoras dos contratos suxeitos a dereito administrativo.
  2. Proxectos de disposicións de carácter xeral, regulamentos ou normativas que deban someterse a aprobación do Consello de Goberno ou Claustro.
  3. Convenios inter-administrativos e con entidades públicas ou privadas.
  4. En xeral, todos aqueles procedementos administrativos nos que calquera órgano de goberno da UDC considere fundamentada a necesidade de recabar o informe desta unidade.

Función contenciosa.

Na súa función contenciosa, as seguintes competencias:

  1. Representación e defensa da Universidade da Coruña ante toda clase de tribunais e en toda clase de procesos incluídos os actos da xurisdición voluntaria.
  2. Exercicio de accións xudiciais en nome da Universidade da Coruña.
  3. Asistencia, logo da autorización do reitor, aos órganos unipersoais e ao persoal ao servizo da Universidade, sempre que as actuacións xudiciais fosen consecuencia dos actos ou omisións no ejercicio público, segundo a lei ou en cumprimento de ordes dun superior xerárquico e non exista conflito de intereses.

Outras funcións.

Sen prexuízo das que se pudiesen dispoñer, atópanse:

  1. Asistencia ás Mesas de Contratación.