Principios de actuación

Legalidade.

O letrado actuará con sometimiento ao ordenamento xurídico e con obxectividade.

Confidencialidade.

Gardarase estricta confidencialidade respecto dos asuntos dos que coñeza a Asesoría Xurídica.

Consulta restrinxida.

A Asesoría Xurídica emitirá os informes a solicitude do reitor, vicerreitores, secretario xeral e xerente

Os decanos ou directores de centro e os directores de departamento ou instituto poderán formular consultas a través dos vicerreitores competentes segundo a materia ou do secretario xeral.

Os informes emitiranse por escrito, previa consulta tamén escrita, achegándose o expediente administrativo ou, no seu defecto, os antecedentes que permitan a mellor comprensión do asunto que deba ser informado.