Juan Hernández Armenteros

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Málaga. Profesor titular de Economía Aplicada da Universidad de Málaga, da que foi vicerreitor de Asuntos Económicos desde decembro do ano 1987 a setembro de 1993. Desde outubro de 1993, é profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Jaén, na que ocupou o cargo de xerente desde a referida data ata abril do ano 2007.

Membro do grupo de traballo que elaborou para o Consello de Universidades o Informe sobre financiamento da Universidade (ano 1995). Nos anos 1981 a 1990, foi secretario da Revista de Estudos Rexionais, publicada polas Universidades de Andalucía, sendo, na actualidade, membro do Consello de Redacción da RER. Director do Informe da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE): A universidade española en cifras. Información académica, produtiva e financeira das universidades públicas españolas: A Universidade Española en cifras.

En decembro do ano 2004 foi nomeado pola ministra de Educación e Ciencia, a proposta da CRUE, membro da Comisión de Financiamento do Consello de Coordinación Universitaria que elaborou o documento de financiamento do Sistema Universitario Español, presentado ao referido Consello o día 24 de abril do ano 2007. Nos anos 2008, 2010 foi asesor técnico da Comisión Mixta de Financiamento do Sistema Universitario Español. Pertence ao grupo de investigadores Studia XXI, da Fundación Europea Sociedade Educación. Actualmente é profesor titular do Departamento de Economía da Universidade de Jaén.