Antón Álvarez Sousa

anton_alvarez_sousa

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, en Ciencias Políticas e Socioloxía, en Comunicación Audiovisual. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. 

Catedrático da UDC, desde o ano 2002.

Na Universidade da Coruña ocupou distintos cargos,  Vicedecano, Director do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante, Decano, Coordinador de Máster, Coordinador de Doutoramento.

Foi profesor e investigador convidado da  Binghamton  University con  Immanuel  Wallerstein, do  Collège de  France con Pierre  Bourdieu, da  London School  of  Economics  and  Political  Science, do Centre  for  the  Study  of Global  Governance de Londres. 

Presidente da Asociación Galega de Socioloxía, Presidente do Grupo de Investigación de Lecer e Turismo da Federación Española de Socioloxía.

Recibiu premios como son o Primeiro Premio Nacional de Terminación de Estudos e o Primeiro Premio de Investigación das Ciencias Xurídico-Sociais da Universidade Complutense de Madrid.

Ten tres  sexenios e cinco quinquenios.

Dirixiu múltiples proxectos de investigación e numerosos proxectos de asesoría para distintas empresas e institucións. Dirixiu 7 tese doutoral e 11 Traballos de Fin de  Master.

É autor de múltiples investigacións que deron lugar a numerosos libros e artigos. 

En canto ao seu labor de difusión do coñecemento científico é fundador das Revistas  ROTUR e  RELASO

Presidiu o Comité Científico de importantes congresos.

Entre os seus proxectos, ademais dos académicos destaca o seu labor como transferencia do coñecemento xeradora de valor económico e social, creando riqueza e gran capacidade  tractora nas comunidades sobre as que traballou.

É membro da Real Academia Galega de Ciencias.

 

 

Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=517522

E-Mail: sousa@udc.es
Teléfono: 981167000 (Ext.4838)