Roberto Samartim (Redondela 1971). Doutor en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor no Departamento de Letras da UDC. Estuda o funcionamento dos campos culturais, nomeadamente o literario, e os procesos políticos e ideolóxicos con eles relacionados, aplicando metodoloxías de base empírica, sistémica e sociolóxica e con foco nas relacións entre narrativas, territorios e comunidades.
Entre os resultados que poden exemplificar os seus interesses investigadores encóntranse A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557) (2003, Premio Carvalho Calero de Investigación 2002), Mudança política e sistemas culturais em transiçom. Literatura e construçom da (ideia da) Galiza entre 1974 e 1978 (que recollen, no básico, as suas teses de Licenciatura e Doutoramento), ou as bases de dados do Livro galego no período autonómico (1978-2019) e dos Produtos Culturais sobre os Caminhos de Santiago (1991-2020).
Desde 2012, a súa investigación céntrase fundamentalmente no estudo dos impactos dos discursos vinculados aos Camiños de Santiago na comunidade local compostelá, neste caso tamén dirixido ao estudo das relacións desta cuestión coas imaxes, as prácticas e as políticas turísticas e culturais.
Codirixiu Agália. Revista de Estudos na Cultura (2010-2016) e foi vicedecano da Facultade de Filoloxía da UDC (2011-2013). Secretário Geral da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL, 2011-2014), coeditou os Avanços em Literatura e Cultura... (2012; 11 volumes) e Estudos da AIL em... (2015, 6 vols.) e foi tamén seu Responsável de Comunicação e editor da www.plataforma9.com (2014-2018).
Para alén do GET, fai parte da Rede Galabra.
Academia.edu: https://grupogalabra.academia.edu/RobertoSamartim
Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Roberto_Samartim
Google Académico: https://scholar.google.com/citations?user=1uh2s4oAAAAJ&hl=pt-BR
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=1736420
E-Mail: roberto.samartin@udc.gal
Teléfono: 981167000 (Ext.1756)