Arquitecto (Universidade de Santiago de Compostela, 1988). Doutor arquitecto con Premio Extraordinario por unha tese sobre a conformación da casa campesian na Galicia contemporánea (2000). Especialista Universitario en Arquitectura para a Cooperación ao Desenvolvemento pola Universidade Politécnica de Madrid (2008).
É Profesor Titular de Universidade, con docencia en Análise Arquitectónica e Habitat Básico na Escola de Arquitectura da Coruña, onde imparte clase desde 1993. Nesta institución acometeu proxectos sobre o hábitat humano, abarcando desde os campos de Galicia e Asturias aos barrios autoproducidos da cidade de Maputo (Mozambique). É chair do 6 th International Symposium "Formal Methods on Architecture", a desenvolver en maio de 2022 na UDC. Nel revísanse as fronteiras do coñecemento na definición de instrumentos de análise arquitectónica e territorial.
Desde 2019 dirixe a Escola Técnica Superior de arquitectura da Coruña.
Academia.edu: https://coruna.academia.edu/PlacidoLizancosMora
Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Placido_Lizancos
Google académico: https://scholar.google.es/citations?user=282Z644AAAAJ&hl=es
E-Mail: placido.lizancos@udc.es
Teléfono: 981167000 (Ext.5225)