Doutora Arquitecta, con Premio Extraordinario de Arquitectura pola Universidade da Coruña (2010) e Premio Fin de Carrera da Xunta de Galicia (2009). Ten un Máster en Rehabilitación Arquitectónica pola mesma universidade (2010), onde tamén desenvolveu o seu doutoramento entre os anos 2011 e 2015, que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento (2016), co título “San Julián de Samos (Lugo), estudo e interpretación do deseño monástico e a súa evolución”.
A súa investigación céntrase na historia da arquitectura monástica e a paisaxe sacra, cunha aproximación multidisciplinar, que combina fontes históricas, investigación in situ e tecnoloxías dixitais dentro do campo da Historia da arte e a Arquitectura Dixital. Os seus traballos foron amplamente publicados en diversas revistas científicas e libros e impartiu conferencias en congresos nacionais e internacionais en España, Portugal, Inglaterra, Polonia, Croacia, Estados Unidos, Francia e Italia, que obtiveron diversas axudas e distincións por parte, entre outras, da Getty Foundation (2018-2020) e a Samuel H. Kress Foundation (2014, 2019).
Na actualidade é profesora Axudante Doutora da área de Composición Arquitectónica do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e imparte docencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e na Escola de Deseño Industrial e a Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Esteiro en Ferrol.
Academia.edu: https://coruna.academia.edu/Estefan%C3%ADaL%C3%B3pezSalas
Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Estefania-Lopez-Salas
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=3035763
Google académico: https://scholar.google.com/citations?user=ocYmWjkAAAAJ
E-mail: estefania.lsalas@udc.es
Teléfono: 881015275 (Ext. 5275)