Manuel García Docampo

manuel_garcia_docampo

Manuel Docampo García é Doutor en Socioloxía e Profesor Titular de Universidade, adscrito ao Departamento de  Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de investigación destaca a Socioloxía do Territorio e, nesa temática, publicou, entre outros: “Urbanismo sostible. O camiño das cidades na Axenda 2030”, (Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento, 4(15): 105-119, 2021) ou “Transformacións urbanas e cambios no plan: o caso español”, (capítulo de Libro en  Espaço  aberto:  reflexões  ibero‐americanas sobre  cidade e  sociedade ( Brasília:  CEUB, 36-58, 2021), con Tania Varela. Actualmente participa en varios proxectos de investigación, entre eles Transición Enerxética nas concas mineiras españolas; en  proxectos docentes como o Erasmus+  CreaHlands, no que participan 6 países europeos, ou outros de transferencia do coñecemento, como o estudo para a Remodelación da Planta Local  Galega. É membro do Comité Editorial da Revista de  Arquitetura  Cidade e  Habitaçao e participa como revisor de varias revistas.

 

Academia.edu:https://independent.academia.edu/ManuelGarc%C3%ADaDocampo

Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Manuel_Garcia_Docampo

Google Académico: https://scholar.google.es/citations?hl=es&user=a37Ml8QAAAAJ

Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=193698

 

E-mail: docampo@udc.es
Teléfono: 981167000 (Ext. 4833)