María Andrade é recoñecida como unha destacada académica no estudo da socioloxía da cultura e o turismo. É Doutora en Socioloxía pola UDC (Premio Extraordinario de Doutoramento) e Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual (Universidade de Santiago).
Desde 2010 é profesora do Departamento de Socioloxía da Universidade da Coruña. Ademais, foi profesora visitante na Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxías de Lisboa; na Facultade de Letras dá Universidade do Porto; na Università degli Studi dei Roma "A Sapienza”; na Universidade de California en Berkeley; na Università della Calabria (Italia) e na Universidade de Aveiro (Portugal).
É tamén investigadora colaboradora no Centro de Estudos sobre Cultura, Política e Sociedade ( CECUPS) da Universidade de Barcelona.
As súas investigacións e publicacións viran á socioloxía da cultura e os proxectos socioculturais, o patrimonio, o lecer e o turismo
Participou en reiteradas ocasións en congresos internacionais sobre estes temas e é autora ou co-autora de máis de 50 artigos científicos en revistas de alta calidade.
Así mesmo, participa activamente en redes académicas internacionais e proxectos competitivos incluíndo H2020. Tamén participa en proxectos de investigación e elaboración de plans turísticos e proxectos socioculturais financiados por empresas privadas e outras institucións.
Forma parte de diversas sociedades académicas, así como de comités científicos de diversas revistas académicas. É membro do do Grupo de Traballo de Turismo e Lecer da FES (Federación Española de Socioloxía). Tamén é membro da Rede ACCITT (Rede para a revisión conceptual sobre a interacción do turismo e o territorio da AEI -Axencia Estatal de Investigación-).
Academia.edu: http://coruna.academia.edu/Mar%C3%ADaAndrade
Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Maria_Jose_Suarez
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=2312289
Google académico: https://scholar.google.es/citations?user=IOUcGTsAAAAJ&hl=es