Grupo de Estudos Territoriais

Grupo de Estudos Territoriais

O Grupo de Estudos Territoriais (GET) é un grupo de investigación da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña especializado en ciencias sociais aplicadas ao estudo do territorio e do espazo.

Trátase dun grupo interdisciplinar que integra diversas áreas de coñecemento, tales como a Socioloxía, a Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais, a Historia Contemporánea, a Antropoloxía Social e o Turismo. No entanto, a nosa aposta en común é a análise da conformación histórica e socioeconómica do territorio.

Queremos ser un referente e apoio, desde as ciencias sociais, para os estudos territoriais e espaciais que necesiten transcender unha orientación exclusivamente centrada en aspectos técnicos e infraestruturais. Así mesmo, podemos achegar unha perspectiva que combina ferramentas metodolóxicas desde o ámbito da demografía, da historia e da socioloxía, e que pode inspirar estratexias de desenvolvemento social e económico diversas e alternativas aos modelos estritamente economicistas.


José María Cardesín Díaz
O Coordinador

FBresearchgate_logo Logotipo da Xunta - Consellería de Educación

Actualidade