Para estar en condicións de solicitar praza é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos de acceso establecidos no art. 3 do RD 412/2014 (derrogado polo RD 534/2024, de 11 de junio (BOE do 12 de xuño).
Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.
Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ou títulos equivalentes.
Poderán presentarse á parte voluntaria das PAU para mellorar a nota de admisión.
Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensinos universitario (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba para maiores de 45 anos.
Para presentarse a estas probas os requisitos fundamentais son: ter a idade ou cumplila no ano, e non ter titulación que te permita acceder á universidade por outra vía.
1) Alumnado con estudos da UE ou convenio (aplicable también al alumnado con Bachilleratu Europeo o con Diploma de Bachillerato Internacional):
Para poder acceder aos estudos de grao na UDC, tanto os estudantes da UE como do convenio de reciprocidade, é necesario que soliciten unha credencial á UNED. A nota que conste na credencial será a súa nota de acceso.
2) Alumnado con estudos de fóra da UE sen convenio:
Para poder acceder aos estudos de grao na UDC, o estudantado extranxeiro alleo á UE é necesario que teña homologado a seu título de Bacharelato ao sistema educativo español.
Para solicitar a homologación:
Xefatura Territorial da Consellería de Educación:
homologacion.educacion.coruna@xunta.gal
Tfno: 981184712 / 981184797 / 981184767 / 981184731
Dirección: Edificio Administrativo de Monelos (A Coruña)
A nota obtida na homologación será a nota de acceso.
O prazo de preinscrición (solicitude de praza), adoita ser na segunda quincena de xuño. Se durante ese prazo, tendo solicitado a homologación do título de bacharel, aínda non obtivo a resolución, poderá realizar a preinscrición, pero a súa nota de acceso sería un 5.
Tanto para os procedentes da UE ou de fóra da UE, se é necesario ou se desexa mellorar a nota de acceso poderá presentarse ás probas de admisión á Universidade por unha destas dúas vías:
Neste caso é necesario solicitar a adscrición a un centro de secundaria.
Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, non contempladas nos apartados anteriores.