Información xeral | Detalles | Estrutura xeral | Estrutura detallada | Normativa | Matrícula | Máis información
En que consiste
Posibilidade de cursar simultaneamente dúas das titulacións de grao da facultade e obter 2 títulos oficiais en 5 anos:
Grao en Inglés + Grao en Español
Grao en Inglés + Grao en Galego e Portugués
Grao en Español + Grao en Galego e Portugués
Como son os itinerarios de simultaneidade?
Os cursos 1.º e 2.º son comúns ás dúas titulacións.
As materias de 3.º e 4.º dos graos distribúense entre os cursos 3.º, 4.º e 5.º dos planos de simultaneidade.
A formación adquirida será máis feble que en dúas titulacións cursadas por separado?
Non. Na simultaneidade cúrsanse todas as materias de formación básica e obrigatoria de cada titulación.
Podo personalizar o meu currículo?
Si. Mediante máis de 40 materias optativas.
A formación adicional quedará reflectida no Suplemento Europeo ao Título, un documento oficial de validez internacional.
Podo incorporarme en 3º?
Si. Se estás a cursar 2.º curso de calquera dos graos da Facultade, podes solicitar a incorporación ao 3.º curso de simultaneidade.
Que significa en termos económicos a matrícula nun programa de simultaneidade?
Non é necesario abonar a matrícula completa de dúas titulacións. O custo dos dous graos redúcese á matrícula de 5 cursos.
De obter unha bolsa do Ministerio, cubrirá os 5 cursos e as dúas titulacións (se se cursan os graos por separado non é posible obter bolsa para a segunda titulación).