Información xeral | Detalles | Estrutura xeral | Estrutura detallada | Normativa | Matrícula | Máis información
Constitúe unha oportunidade moi vantaxosa de poder cursar dúas carreiras a un tempo.
Na Facultade de Filoloxía da UDC pódense facer estudos, ao modo tradicional, nas seguintes titulacións, de 4 anos de duración cada unha:
· Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
· Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literario
· Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Tamén existe a posibilidade de cursar simultaneamente dúas desas tres titulacións:
Grao en Inglés + Grao en Español
Grao en Galego e Portugués + Grao en Inglés
Grao en Españo + Grao en Galego e Portugués
2. Cuanto tempo implica a simultaneidade?
En 5 cursos académicos, isto é, máis un ano que nos graos actuais, pódense conseguir as dúas titulacións, grazas aos itinerarios de simultaneidade propostos.
3. Como son os itinerarios de simultaneidade?
• Os cursos 1º e 2º son comúns ás dúas titulacións.
• As materias obrigatorias de 3º e 4º dos dous graos implicados distribúense entre os cursos 3º, 4º e 5º dos planos de simultaneidade.
• Entre 4º e 5º cursos cursaranse 4 materias optativas específicas de cada un dos graos.
No marco da organización en 5 cursos, o número de créditos necesario para superar o programa será de 324, apenas 84 créditos máis que un título de grao simple (240). [+ información]
4. A formación adquirida será máis feble que en dúas titulacións cursadas por separado?
Non. Na simultaneidade cúrsanse todas as materias de formación básica e obrigatoria de cada titulación.
5. Podo personalizar o meu currículo?
Si. A Facultade oferta máis de 40 materias optativas. Coa selección entre elas pódese orientar o currículo cara aos intereses de cada estudante.
Pódese adquirir tamén una formación adicional (noutras linguas, en temas especializados) mediante o seguimento de determinadas materias optativas. Esta formación adicional quedará reflectida no Suplemento Europeo ao Título, un documento trilingüe oficial de validez internacional. [+ información]
6. Podo incorporarme en 3º?
Si. Se estás a cursar 2º curso de calquera dos graos da Facultade, podes incorporarte ao 3.º curso de simultaneidade [+ información]
7. Que significa en termos económicos a matrícula nun programa de simultaneidade?
Non é necesario abonar a matrícula completa de dúas titulacións. O custo das dúas titulacións redúcese á matrícula de 5 cursos.
De obter unha bolsa do Ministerio, cubrirá os 5 cursos e as dúas titulacións (se os graos se cursan por separado non é posible obter bolsa para a segunda titulación).
A matrícula en 1º e 2º cursos corresponderá a os prezos públicos que estableza a Xunta de Galicia para un curso da rama de artes e humanidades de 60 créditos.
Os cursos 3º, 4º e 5º terán, respectivamente, 72, 69 e 63 créditos, polo que a matrícula incrementarase entre un 20 e un 5% con relación a un curso de 60 créditos.
A UDC realizará gratuitamente o recoñecemento dos créditos das materias dunha das titulacións implicadas que se fagan valer para a outra.