As materias obrigatorias contan cunha sesión expositiva e con 2 horas de sesións interactivas.
Cada estudante debe asistir todas as semanas ás dúas horas de clases interactivas que correspondan ao seu grupo.
As materias de 1.ᵒ teñen a seguinte estrutura semanal:
- 2 horas de sesión expositiva
- 2 sesións interactivas de 1 hora cada unha
As sesións expositivas son conxuntas:
- por unha banda, para os grupos A e B,
- e por outra para os grupos C e D.
Débese asistir ás sesións expositivas e ás dúas sesións interactivas semanais que correspondan ao grupo asignado.
Excepcións
Literatura Española e Literatura Galega (2.º curso) teñen unha distribución especial, con sesións expositivas de 90 minutos ao longo de todo o curso.
As materias obrigatorias impártense polas mañás e teñen a seguinte estrutura semanal:
- 1 sesión expositiva de 90 minutos
- 2 sesións interactivas de 1 hora, que poden realizarse nunha única sesión de 120 minutos
No Grao en Inglés existen dous grupos de docencia interactiva (A e B). Débese ir ao asignado (v. listaxes de asignación de grupo).
As materias optativas impártense polas tardes e teñen a seguinte estrutura semanal:
- 1 sesión expositiva de 1 hora
- 1 sesión interactiva de 1 hora
Algunhas materias optativas do Grao en Inglés contan con dous grupos de docencia interactiva (A e B). Cómpre ir ao grupo asignado (v. listaxes de asignación de grupo do Gr. en Inglés).
Dispoñibles no lugar da web dedicado a cada titulación:
Grao en Español | Grao en Galego e Portugués | Grao en Inglés
Simult. Inglés e Español | Simult. Inglés e Galego e Port. | Simult. Español e Galego e Port.
Si. Hai algunhas condicións e, se é por solapamento de horarios, tamén un prazo de 10 días desde o inicio de cada cuadrimestre.
Normativa e formularios de solicitude
Se non apareces, solicita a túa inclusión mediante o formulario correspondente. Convén que tamén comprobes que todo é correcto na túa matrícula.
Pódese solicitar o cambio de data do exame da materia do curso superior (todos os detalles, así como o formulario para a solicitude, están na Normativa de cambio de exames por solapamento).
Si, se cumpres con algún dos requisitos necesarios.
Isto está regulado na Normativa de dedicación ao estudo e dispensa académica.
Se só queda unha materia (máis o TFG ou TFM) para rematar unha titulación, pódese solicitar a avaliación por compensación.
Esixe algúns requisitos, entre eles, terse presentado a 3 oportunidades (ou 2 se a materia é do derradeiro curso), acadar nunha das oportunidades unha cualificación igual ou superior a 3,5 (ou igual ou superior ao 60 % da nota media na materia no curso anterior) e que a nota media do expediente sexa igual ou superior ao 80 % da media da última promoción da titulación. Ademais débense reunir outros requisitos recollidos no Regulamento de avaliación por compensación.
Pode solicitarse despois da finalización de cada un dos períodos de avaliación, nunhas datas que se establecen anualmente.
Se só tes pendentes dúas materias para rematar o grao (máis o TFG) podes solicitar acceder a unha oportunidade adiantada, que normalmente é nos últimos días de novembro e os primeiros de decembro.
Isto está regulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións.
Se estás nun grao, antes de entrar en 3.o podes solicitar a incorporación a un programa de simultaneidade.
Habitualmente en maio publícase a convocatoria de solicitude na páxina web da facultade. Se quedan prazas vacantes, hai unha segunda convocatoria en setembro.
Convocatoria do curso 2025/2026 e normativa que se aplica.
Si. Podes consultar as táboas de recoñecemento de materias entre graos da facultade.
Tamén podes incorporarte a un ➜ programa de simultaneidade.
Se tes outros estudos, rematados ou non, consulta o teu caso na ➜ administración.
Convén que coñezas a normativa, liñas ofrecidas, datas de solicitude de liña, prazos de entrega etc.
Case todo o profesorado ten o seu gabinete no edificio anexo da facultade, ao que se accede desde o aparcadoiro ou a través dun corredor no primeiro andar (a continuación da aula 1.6).
Os correos electrónicos tamén aparecen nas guías docentes.
Teléfonos, correos electrónicos, número de gabinete
O PAT ofrece a cada estudante o apoio e o acompañamento académico dun/ha profesor/a.
O/a titor/a é a persoa máis axeitada para obter información ou consello sobre aspectos académicos.
A facultade asigna un/ha titor/a a cada estudante ao comezar os estudos de primeiro.
En xeral, nos espazos da web dedicados a cada asunto. Eses son os lugares axeitados para descargalos, porque estarán acompañados de aclaracións ou normativa, alternativas, indicacións sobre lugar de entrega ou envío etc.
Porén, varios formularios están compilados aquí.
Convén que tamén botes unha ollada ás ➜ Preguntas frecuentes do novo estudantado.
Existe un formulario para transmitir preguntas, queixas, suxestións e felicitacións a calquera órgano da UDC. Está accesible na parte inferior de calquera páxina web oficial da universidade (ligazón «Suxestións»).
Este formulario non debe empregarse para reclamacións de cualificacións de materias; estas reclamacións están reguladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario ➜ Podo reclamar pola avaliación recibida?
É conveniente acudir á ➜ administración ou directamente á persoa responsable (➜ Quen fai que na facultade?)
A reclamación pola avaliación das materias está regulada nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (artigos 27 e seguintes).
Aí están recollidos os motivos polos que é posible reclamar e a forma de facelo.
✉ administracion.filoloxia@udc.es
✆ (+34) 881 01 17 14 / 881 01 17 15 / 881 01 17 17
• Situada no andar baixo, entre a entrada e a biblioteca (v. plano)
• Solicitude de información xeral:
· Onde están as distintas dependencias
· Onde localizar ao profesorado (v. tamén Como localizar a un profesor/unha profesora)
· Obxectos perdidos
• Para informar sobre incidencias, especialmente de aspectos materiais
✉ conserxaria.filoloxia@udc.es
✆ (+34) 881 01 17 13
✉ biblioteca.fil@udc.gal
✆ (+34) 881 01 17 12
A cafetaría do centro conta coa oferta propia deste servizo, con algúns produtos e un menú a prezos taxados.
No andar 1 hai máquinas de autoservizo de bebidas frías e quentes e algún snack.
Xunto ás máquinas de autoservizo, á dereita, está dispoñible un espazo con mesas e forno microondas de libre acceso.
(Excepto cando se indica que se faga na ➜ secretaría do decanato).
Pregunta en ➜ conserxaría.
Acude á ➜ conserxaría.
Se pensas que é de solución inmediata, faino saber na ➜ conserxaría.
Se consideras que é algo cuxo funcionamento debería ser modificado, contacta coa vicedecana responsable de infraestruturas e servizos.
Emma Lezcano González
Vicedecana
✉ mobilidade.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 011 894
Marta Lago Méndez
Vicedecana
✉ vicedecanato.infraestruturas.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 011 895
Fernando González Muñoz
Vicedecano
✉ vicedecanato.calidade.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 47 09
Marta Lago Méndez
Vicedecana e directora da biblioteca
✉ cultura.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 011 712
Esperanza Acín Villa
Secretaria da facultade
✉ secretaria.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 34
Lucía Rodríguez Seco
Secretaría do decanato
✉ secretaria.decanato.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 33
Localización do decanato
Félix Córdoba Rodríguez
Decano
✉ decanato.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 38 / (+34) 881 01 18 33
Localización do decanato
Rosario Mascato Rey
Profesora encargada de atención á diversidade
✉ rosario.mascato@udc.gal
✉ pat.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 61
Información directa sobre as titulacións e persoas ás que transmitir comentarios, suxestións...
Coordinadora do Grao en Español
Coordinador do Grao en Galego e Portugués
Coordinadora do Mestrado en Lingüística Aplicada (MILA)
Coordinadora do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade (MLCD)
Coordinador do Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados (iMAES)
Coordinadora do Mestrado en Ensino de Español como Lingua Estranxeira (MELE)
Miguel Alonso Giráldez
Profesor responsable de prácticas extracurriculares
✉ miguel.giraldez@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 43
Rosario Mascato Rey
Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC na facultade
✉ rosario.mascato@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 61
Emma Lezcano González
Representante da facultade na Comisión de Apoio á UDC Saudable
✉ emma.lezcano@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 28
Carlos Vizcaíno Fernández
Profesor asesor en teleformación
✉ carlos.vizcaino@udc.gal
✆ (+34) 881 01 47 65
María Jesús Cabarcos Traseira
Profesora encargada do Plano de Acción Titorial
✉ pat.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 47 09
Administración
Planta baixa
✉ negociado.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 36 / (+34) 881 01 18 93
Comisións delegadas da Xunta de Facultade
Outras figuras de coordinación