TRABALLO DE FIN DE GRAO

As ensinanzas oficiais de grao concluirán coa elaboración e defensa pública dun traballo de fin de grao (TFG).

O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis titores.
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do Grao.
O TFG (6 ECTS) debe ser defendido e avaliado unha vez se tiver constancia fidedigna de que o
estudantado superou o resto dos créditos do título (234 ECTS).
O TFG é un traballo protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. En consecuencia, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se é o caso, corresponderá a quen o realizase, salvo que se establecese doutra maneira no documento de asignación do TFG que cada estudante asine nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente.

A documentación xenérica para ámbalas titulacións aparecen a continuación

 

SOLICITUDES no caso de traballos de campo: 

-Solicitude de Acceso a Pacientes Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol:

-Procedemento de solicitude de acceso a doentes e ou historias clínicas para investigación na Clínica Universitaria de Podoloxía:

 

DOCUMENTOS DE AVALIACIÓN

  • Documentación para os tribunais         
    • Acta individual de calificación final