Mobilidade

A UDC mantén convenios de mobilidade con universidades e institucións de catro continentes. Cada curso publícanse convocatorias que permiten ao alumnado cursar un semestre ou un ano completo no estranxeiro, con recoñecemento académico á súa volta.

Nesas convocatorias indícanse as prazas dispoñibles e as condicións específicas. Tamén se ofrecen bolsas para realizar prácticas no estranxeiro, que poden ser recoñecidas no expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudantado pode escoller destino dentro do EEES e consultar ofertas a través dun taboleiro virtual da UDC.

A xestión destas mobilidades realízase nos centros de orixe e na Oficina de Relacións Internacionais (ORI), baixo a coordinación dos responsables de relacións internacionais. Os requisitos, dereitos, obrigas e procedementos están recollidos no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Máis info sobre mobilidade saínte e mobilidade entrante.

Sandra Martínez Costa

Profesora Responsable de Mobilidade

Mobilidade nacional

O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por CRUE-Asuntos Estudantís e CRUE-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000.

Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.

Este sistema de intercambio ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluídos o réxime de prácticas, así como os distintos aspectos sociais e culturais doutras Autonomías e Cidades Autónomas.

A oficina técnica de SICUE coordínase desde a Secretaría Xeral de Crue Universidades Españolas e é a encargada do desenvolvemento das convocatorias.​

Mobilidade internacional

Os programas de mobilidade internacional favorecen tanto estudantes como a recien titulados, permitíndolles estudar e facer prácticas en Europa. Estes programas achegan un valor engadido á súa formación, contribuíndo a mellorar o seu futuro profesional e favorecendo, polo tanto, o seu desenvolvemento persoal.

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor o programa Erasmus+.

Erasmus + integra todos os programas existentes no Programa de Aprendizaxe Permanente: PAP, Comenius, Grundtvig, Erasmus e Leonardo, asi como os Programas Internacionais de Educación Superior e o programa Xuventude en Acción.

En resumo: os programas de mobilidade Erasmus actualmente ofertados divídense en Erasmus+ prácticas e Erasmus fins de estudos.

Erasmus+

O Programa Erasmus+ Prácticas ofrece a estudantes e titulados recentes durante o ano inmediatamente posterior á finalización dos estudos, unha estanza de prácticas durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país participante, e ten por finalidade contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do ámbito económico e social do país en cuestión, ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral.

Estas prácticas poden ir acompañadas, en caso necesario, de cursos de preparación ou de cursos de actualización na lingua de acollida ou de traballo.

As organizacións de acollida para as prácticas de estudantes poden ser empresas, centros de formación, centros de investigación e outras organizacións. O período de prácticas debe estar cuberto por un acordo de prácticas aprobado pola institución de educación superior de orixe, o consorcio de orixe (se procede), a institución de acollida e o beneficiario.

As características das prácticas de estudantes son:

  • A institución de ensino superior de orixe debe outorgar o seu pleno recoñecemento ao período de prácticas no estranxeiro.
  • O estudante debe recibir un acordo de formación relativo ao programa do período de prácticas; este acordo debe ser aprobado pola institución de educación superior de orixe e a organización de acollida.

Máis información

Fins de estudos

Regulamento de mobilidade

O proceso de apertura internacional que dende hai anos esta experimentando a Universidade da Coruña e o crecemento de actividades neste ámbito, así como os cambios derivados da reforma dos estudos universitarios, fundamentan a necesidade de desenvolver un regulamento de aplicación aos programas de intercambio internacional de estudantes co fin de actualizar a normativa e adaptala aos programas de mobilidade internacional desenvolvidos pola UDC.

O polo que a UDC debe facilitarlle ao estudante a posibilidade de realizar parte dos estudos conducentes a un titulo oficial nunha institucion de ensino superior estranxeiro e garantir mediante a actualizacion da normativa o pleno recoñecemento destes estudos para os efectos academicos.

Este regulamento reflicte por vontade de potenciar a mobilidade internacional ao crear un marco normativo que garanta os dereitos e os deberes do estudiantado, e que axilice a colaboración e ordene a coordinación entre as partes, dada a implicación de multiples axentes no proceso administrativo da mobilidade: o estudiantado, o profesorado, a vicerreitoría competente en materia de relacións internacionais e o seu persoal, os membros dos equipos de dirección dos centros competentes en materia de relacións internacionais e o persoal de administración dos centros.