Comunicación Audiovisual

O Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) ofrece unha formación superior sólida orientada a responder ás demandas dun sector en constante evolución. O seu obxectivo é formar profesionais capaces de liderar a creación, produción e xestión de contidos audiovisuais con criterios de calidade, ética e innovación, combinando de maneira equilibrada a base teórica coa especialización técnica.

A titulación proporciona unha formación integral que abrangue desde o cine e a televisión ata as narrativas transmedia e os contidos dixitais. A metodoloxía baséase no “aprender facendo”, permitindo ao alumnado desenvolver proxectos reais en todas as fases do proceso audiovisual. Ademais, a súa localización nun hub audiovisual facilita a conexión directa coa industria, favorecendo a inserción laboral e o contacto co sector profesional.

Os egresados adquiren unha preparación completa para desempeñar múltiples roles na industria audiovisual, como dirección, guion, produción, posprodución ou investigación. O grao complétase con dúas mencións, en contidos interactivos e 3D e en comunicación audiovisual multiplataforma, que supoñen unha vantaxe competitiva e diferencial no contexto académico e profesional.

O Grao está en proceso de modificación, cuxa implantación será progresiva conforme ao seguinte calendario:

  • Curso 2025-2026: 1er curso
  • Curso 2026-2027: 1er y 2º curso
  • Curso 2027-2028: 1er, 2º y 3º curso
  • Curso 2028-2029: 1er, 2º, 3º y 4º curso