Tarxeta Millenium
O estudantado universitario que use a Tarxeta Millenium nas liñas de bus urbano UDC, 2A, 7, 12, 12A, 14, 24 (e viaxes de orixe con transbordo nestas liñas) para os desprazamentos aos campus de Elviña, A Zapateira, Cidade, Riazor e Oza terán unha tarifa plana de 0,15€/viaxe ata o 31/12/2024 e 0,30€ a partir do 01/01/2025.
Solicítase nas oficinas municipais do Ágora, Estación de Autobuses ou Pazo de María Pita. Débese solicitar cita previa.
Tarxeta Xente Nova
Coa tarxeta de Transporte Metropolitano "Xente Nova" as persoas menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano das áreas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.
Expedida por Abanca. Deberás solicitar cita en Abanca.
Tarxeta TMG
A Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG) pódese utilizar no transporte urbano e interurbano de Galicia.
Outros descontos
As seguintes empresas de transporte ofrecen abonos ou descontos nas súas tarifas:
Bicicletas UDC
A Oficina de Sustentabilidade (OdS) da UDC conta cun servizo de préstamo de bicicletas nos campus da Coruña e Ferrol.
Bicicoruña e Biciferrolterra
Os concellos da Coruña e Ferrol dispoñen tamén dun servizo de préstamo de bicis.
Abono Renfe
Renfe ofrece un bono de transporte gratuíto se viaxas con frecuencia.