Vixilancia da saúde tras baixa prolongada
A vixilancia da saúde tras unha ausencia prolongada (≥60 días) é unha actuación preventiva cuxo obxectivo é comprobar que o estado de saúde do/a traballador/a é compatible coas esixencias do seu posto no momento da reincorporación. Céntrase en valorar a aptitude clínica, detectar posibles limitacións e propoñer, se é necesario, adaptacións do posto para garantir un retorno seguro.
Este recoñecemento ten carácter voluntario e recomendable.
Se é o seu caso mande un correo electrónico a administracion.servizo.prl@udc.es