A Universidade da Coruña ten a obriga legal de que todo o seu persoal reciba unha formación en materia de prevención suficiente, adecuada e actualizada. Esta formación debe axustarse ás características específicas de cada posto de traballo e aos seus riscos asociados. Considérase unha ferramenta esencial para acadar condicións de traballo seguras e saudables, garantindo así o dereito das persoas traballadoras a unha protección eficaz da súa seguridade e saúde.
É aquela que debe realizar todo o persoal da UDC (funcionario, laboral, persoal investigador, en formación, etc.) cuxo posto de traballo estea avaliado dentro do sistema preventivo da Universidade.
- Contidos: inclúe formación específica baseada nos riscos do posto e adaptada ás súas condicións de realización (presencial, teletraballo, laboratorios, docencia, mantemento, etc.). Abarca riscos xerais e específicos, medidas de protección, uso seguro de equipos, actuación en emerxencias e primeiros auxilios básicos.
- Momentos de realización: debe levarse a cabo ao incorporarse ao posto, cando se produzan cambios en tarefas ou equipos, se se detectan novos riscos ou de xeito periódico por recomendación do Servizo de Prevención.
Ofertase para reforzar a cultura preventiva, mellorar o coñecemento en áreas específicas de seguridade e saúde e facilitar a actualización de conceptos.
- Persoal prioritario: ten preferencia o persoal con funcións preventivas (equipos de emerxencia, responsables de centros ou laboratorios, etc.) e o persoal incluído en plans de autoprotección. Tamén pode realizala calquera persoal interesado se a organización o permite.
- Temáticas: inclúe, entre outras, formación en prevención de incendios, primeiros auxilios, ergonomía, riscos psicosociais, manipulación manual de cargas, risco químico ou biolóxico e seguridade viaria.