Programa da Oficina de Sustentabilidade no XI Outubro UDC Saudable

30/09/25 8:00

  • Medio ambiente

Súmate ao coidado da natureza e a túa saúde!

Durante o mes de outubro a Oficina de Sustentabilidade centrará as súas actividades de voluntariado e participación ambiental para unir o coidado da natureza e o da nosa saúde, no marco do XI Outubro Saudable. 

Programa:

 

Roteiro: coñece os valores naturais do monte da fraga.

Mércores 8, 16:00h.  |  Xoves 16, 13:00h.  |  Venres 24, 16:00h.

Desde o ano 2023 o Roteiro do Monte da Fraga ven sendo galardoado coa Bandeira Sendeiro Azul. A actividade pretende poñer en valor este recoñecemento, a través dunha camiñata saudable e sustentable.

Inscricións: oficina.sustentabilidade@udc.gal

 

Reparación de Valado de Pedra Seca.

Xoves 9, 16:00h.  |  Mércores 22, 11:00h.

Os valados de pedra seca son un exemplo excepcional da relación equilibrada entre o ser humano e a natureza, ademais de ter un papel esencial na prevención de inundacións, escorrentías e erosión do solo. Tamén funcionan como cortaventos e refuxios de animais. Esta técnica de construción está declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

Inscricións NESTE FORMULARIO 

 

Iniciación á fotografía da natureza.

Domingo 19, 10:30h.

Velaquí unha actividade para introducirnos no apaixonante mundo da fotografía da natureza, poñendo en valor a biodiversidade do Monte da Fraga. Primeiros pasos prácticos para sacarlle o mellor  rendemento aos equipos de cada persoa, cámaras fotográficas ou mesmo co teléfono móbil.

Inscricións NESTE FORMULARIO 

 

Eliminación de Flora Exótica Invasora.

Mércores 29, 11:00h.

Preocúpache a problemática da flora invasora e a perda de biodiversidade? Soluciónao participando nesta xornada totalmente práctica facendo experiencia de campo, coa axuda de ferramenta manual, promovendo a actividade física e o traballo en equipo.

Inscricións NESTE FORMULARIO

 

Todas as actividades suxeitas ao recoñecemento de créditos para estudantado de Grao da UDC (1C = 10 h). A duración será de 2 ou 3 horas/actividade. Anótate nos correo-e indicados e recibirás a confirmación e detalles para desenvolver a actividade.

 

Anímate a practicar un estilo de vida saudable e sustentable, comeza xa este mes de outubro!

Actividades financiadas pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, no marco do convenio sectorial de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña e a Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña para a execución do proxecto de custodia e voluntariado ambiental no Monte da Fraga, no ano 2025..

 Programa XI OUTUBRO SAUDABLE OdS 2025  Cartaz XI OUTUBRO SAUDABLE OdS 2025

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade