FORMACIÓN PERSOAS CON DISCAPACIDADE "PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA"

Desde a Unidade de Atención á Diversidade lanzaremos distintas formacións para achegar a gran heteroxeneidade de realidades sociais, especialmente aquelas que sofren de maior exclusión e vulnerabilidade. 


O obxectivo destas formacións será aportar ferramentas, estratexias e prácticas para facer dos espazos universitarios máis inclusivos, equitativos e diversos.

A formación "PERSOAS CON DISCAPACIDADE: PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA" realizarase o día 14 de xaneiro con horario de 12:00 a 13:30 no salón de graos da Facultade de Filoloxía cos seguintes contidos:

1. Aspectos básicos sobre a discapacidade: concepto e clasificación.
2. Linguaxe inclusiva.
3. Produtos de apoio.
4. Metodoloxías inclusivas:
-Deseño universal da aprendizaxe.
-Aprendizaxe colaborativa. 
-Learning by doing. 
-Ferramentas para facilitar a accesibilidade comunicativa: pictoeduca.

 

Inscripción no seguinte link: https://forms.office.com/e/PsbeKNcD5y

PROXECTO UNIVERSITARIO DE ACHEGAMENTO DAS REALIDADES LGTBIQ+

Nos últimos anos asistimos a un crecemento de discursos e mensaxes distorsionadas sobre moitas realidades, entre elas a do colectivo LGTBIQ+. A desinformación e os dicursos de odio se espallan nun mundo cambiante e con novas formas comunicativas. 
 
Como profesorado dunha institución pública, como é a universidade, pódese xogar un papel moi importante na sensibilización e na educación sobre a diversidade sexual e de xénero.
 
O Proxecto Universitario de Achegamento das Realidades LGTBIQ+ ten como obxectivo isto, que o alumnado coñeza en primeira man as barreiras, dificultades e vivenzas da comunidade. 
 
Con isto xeraremos un coñecemento maior, e tamén, o desenvolvemento da empatía e o espírito crítico. 
¿Profesorado aliado? 
 
A cuestión LGTBIQ+ non só pertence ao propio colectivo, senón que é algo no que cada persoas pode ter un papel importante.  A defensa dos dereitos humanos é unha cuestión de toda a sociedade. 
 
Por isto, é imprescindible contar con persoas aliadas. Precisamos de profesorado comprometido que deixe espazo ás nosas realidades, e que despois destas accións, incorpore e visibilice as súas realidades nas súas materias e actividades.
¿Cómo participar? 
 
Pedimos 20 minutos das túas clases, ti elixes os horarios e os días, e nós organizamos o resto. 
Inscrición neste forms: https://forms.office.com/e/5BqaTYUzrZ 
¿Qué tipo de actividades serán? 
  1. Historias vivencias LGTBIQ+. 
  2. Lectura de poesía, literatura ou calquera expresión escrita sobre o colectivo. 
  3. Micro-obras de teatro. 
  4. Outras expresións artísticas que visibilicen as distintas realidades do colectivo. 
 
 

DOSSIER

FORMACIÓN "O RACISMO INVISIBILIZADO: VIOLENCIAS RACISTAS NA AULA E NA SOCIEDADE"

Desde a Unidade de Atención á Diversidade lanzaremos distintas formacións para achegar a gran heteroxeneidade de realidades sociais, especialmente aquelas que sofren de maior exclusión e vulnerabilidade. 

O obxectivo destas formacións será aportar ferramentas, estratexias e prácticas para facer dos espazos universitarios máis inclusivos, equitativos e diversos.


O día 18 de marzo de 10:00 a 11:30 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación realizarase unha formación sobre as violencias racistas, así como estratexias prácticas no día a día, abordando como este tipo de violencias, nas súas formas máis sutís e normalizadas, impactan nas dinámicas educativas e sociais.
 
  • Estrutura:
    • Introdución: definición de violencias racistas e como se relacionan co racismo estrutural.
    • Desenvolvemento: exemplos concretos de situacións nas que o alumnado racializade experimenta exclusión ou discriminación, así como o impacto emocional e académico destas violencias.
    • Peche: estratexias prácticas para identificar e actuar fronte a estas situacións, promovendo un entorno educativo máis equitativo e respectuoso.
 
  • Obxectivo: visibilizar as violencias racistas e facer reflexionar ao profesorado e alumnado para afrontalas de forma consciente e efectiva.
 
 
Inscricións  ������    https://forms.office.com/e/qLJymgkp0E

Más