Facultad de Filología

La Facultad  |  Grados  |  Másteres  |  Doctorado  |  Investigación  |  Calidad  |  International Students


Preguntas frecuentes · Estudantado saínte (Erasmus, SICUE)

Programas de mobilidade

En que consiste unha estancia Erasmus+?

- Podes estar ata 12 meses por titulación, nunha ou varias estancias.

 

En que consiste unha estancia SICUE?

- Cursas un cuadrimestre ou un curso completo nunha das universidades españolas coas que hai un convenio de intercambio.

 

Que destinos se ofertan?

Destinos para a Facultade de Filoloxía

Debes comprobar que existe recoñecemento académico para os estudos que cursas na UDC das materias ofertadas no destino desexado.

 

Cando se convoca a mobilidade Erasmus+?

Normalmente a UDC fai pública a primeira convocatoria durante o mes de xaneiro.

Para facer a mobilidade durante o primeiro cuadrimestre ou durante o curso completo cómpre realizar a solicitude nesa primeira convocatoria.

Posteriormente se abren outros prazos, que poden servir para mobilidades no segundo cuadrimestre, pero aínda que se desexe saír no segundo cuadrimestre é importante solicitar a mobilidade na primeira convocatoria, pois nas seguintes só estarán dispoñibles os destinos que queden se adxudicar. 

 

Datas que se deben ter en conta

Cada estudante é responsable do cumprimento dos prazos relacionados coa súa mobilidade e debe estar atento ás datas relacionadas co seguinte:

- Publicación das convocatorias
- Aceptación ou renuncia no caso de ser admitido
- Prazos de entrega da documentación requerida pola Oficina de Relacións Internacionais da UDC
- Data límite de inscrición e de envío do learning agreement na universidade de destino
- Prazos para realizar cambios no learning agreement

 

 
Requisitos de linguas

Se non se dispoñe do certificado solicitado, en caso de que a lingua de instrución na universidade de destino coincida coa lingua de estudo do grao (inglés, español, portugués ou galego), o estudantado da Facultade de Filoloxía presentará unha copia da matrícula como acreditación do seu nivel de lingua.

Cómpre ter en conta que a universidade de destino pode solicitar un requisito diferente.

Polo xeral, o estudantado do Grao en Español debe acreditar dominio do inglés ou da lingua do país de destino.

 

 

Certificación de linguas cursadas na facultade

A facultade pode certificar que tes aprobada unha materia na que se traballa con determinado nivel de lingua, sempre que isto se mencione na guía docente do curso en que a superaches. Podes solicitar esta certificación á secretaria da facultade mediante este formulario.

O profesorado das materias non pode certificar isto, nin o nivel de lingua.

A universidade de destino non ten obriga de admitir estas certificacións.

 

 
Cal é o importe da axuda económica?

Grupo 1 (310 €/mes):

Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia

Grupo 2 (260 €/mes):

Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal

Grupo 3 (210 €/mes):

República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Rumanía e Turquía

 

Teño un titor / unha titora de mobilidade?

Cada destino ten un/ha profesor/a responsable.

Contacta con el/ela en canto comeces a pensar na túa estadía fóra, porque é a persoa que mellor te pode guiar no proceso.

O/a titor/a poderá aconsellarte sobre materias que podes escoller, pero en ningún caso asinará o learning agreement. O learning agreement e as posteriores modificacións deben ser asinadas pola vicedecana responsable de relacións internacionais.

Destinos para a Facultade de Filoloxía cos/coas titores/as corrrespondentes

 

 

Como localizar o meu titor / a miña titora?

Horarios de titoría

Teléfonos, correos electrónicos, número de gabinete

 

Como se comunica a UDC e a facultade con respecto á mobilidade?

A Facultade, a UDC e o profesorado difundirán a información a través dos seguintes medios:

  • Web da facultade: www.udc.es/filo
  • Web da Oficina de Relacións Internacionais da UDC: www.udc.es/ori
  • Correo electrónico institucional. É moi importante acceder con frecuencia ao correo da UDC.

 

 

Máis información

 

 

Proceso

 
En esquema
  1. Asiste ás reunións de coordinación, consulta a información dispoñible na web e estas mesmas preguntas frecuentes, coñece a normativa sobre mobilidade.
  2. Selecciona o destino ou destinos nos que teñas interese.
  3. Comproba, na listaxe de destinos, que existe posibilidade de recoñecemento de materias do grao que cursas na UDC.
  4. Fala co/a titor/a de intercambio dos destinos seleccionados, incluso se non ves unha posibilidade de recoñecemento de materias.
  5. Comproba os requisitos das universidades de destino no portal Move on.
  6. Unha vez que teñas as equivalencias de materias de cada destino que desexes solicitar, presenta a túa solicitude a través do Portal de solicitude.
  7. Despois, presta atención á páxina web da facultade, na que se publicará a adxudicación provisoria e definitiva.
  8. Cando se publique a adxudicación definitiva, deberás aceptar ou renunciar ao intercambio.
  9. Prepara o contrato de aprendizaxe coa axuda do teu titor / da túa titora de intercambio.
  10. Fai a solicitude na universidade de destino. Ten en conta os prazos que cada unha establece.

 

 
Como fago a solicitude?
  • Accede ao portal de solicitude coas túas credenciales de usuario/a da UDC, preferiblemente con Firefox o Google Chrome.
  • Indica como correo electrónico unicamente o enderezo institucional @udc.es
  • Só se admitirá unha solicitude por estudante, polo que non debe enviarse o formulario ata que con seguridade estea ben enchida•
  • Para consultas sobre o funcionamento do Portal de solicitude debe contactarse con outgoing.rrii@udc.es ou os teléfonos 881 01 19 59 ou 881 01 1960.

 

 
Adxudicación

Os destinos adxudícanse priorizando a nota media dos solicitantes de cada destino. Se non quedan prazas na primeira opción, optarase á segunda, terceira ou cuarta opción. Se segue sen haber prazas, pasarase a unha listaxe de espera.

As adxudicacións son publicadas na páxina web da facultade e da ORI.

O/a estudante debe aceptar ou renunciar ao destino adxudicado.

 

 
Aceptación ou renuncia

Despois de publicada a asignación definitiva, as persoas seleccionadas deberán formalizar a aceptación ou renuncia do destino adxudicado enviando a outgoing.rrii@udc.es o documento correspondente no prazo establecido.

 
 
Despois de aceptar unha praza

Reúnete co/a titor/a correspondente para elaborar unha táboa de equivalencias entre as materias da UDC e da universidade de destino.

 
 
Cómo é unha táboa de equivalencias

Unha táboa de equivalencias expresa os créditos de cada unha das materias que se cursan na universidade de destino, así como as materias da titulación na UDC que serán recoñecidas á volta en función dos resultados académicos. Aquí podes ver un exemplo.

A táboa de equivalencias é a base para a confección do learning agreement.

Quen fai que

 

 
Aconsella sobre os estudos e as equivalencias de materias

Acude ao/á titor/a correspondente a cada destino.

Non se debe confundir co/a titor/a do Plan de Acción Titorial asignado/a en primeiro curso.

 

 
Asina os contratos de aprendizaxe (learning agreements)

Emma Lezcano
Vicedecana responsable de relacións internacionais e mobilidade

    mobilidade.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 011 894

 

 
Recolle as solicitudes de certificación de nivel de linguas

Lucía Rodríguez Seco
Secretaría do decanato

    secretaria.decanato.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 33
        Localización do decanato

 

 
Certifica o nivel de linguas

Acude á secretaria do centro só se hai algunha incidencia ou algunha particularidade no proceso establecido.

Esperanza Acín Villa
Secretaria da facultade

    secretaria.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 34

 

 
Resolve dúbidas sobre o Portal de solicitude

Oficina de Relacións Internacionais

Área de estudantes saíntes

    outgoing.rrii@udc.gal
    (+34)  881 01 19 59  /  (+34)  881 01 19 60

 

 
Reclamacións, queixas, suxestións, outros

Félix Córdoba Rodríguez
Decano

    decanato.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 38   /   (+34)  881 01 18 33
        Localización do decanato