Impartido pola escola de tempo libre da UDC e homologado pola Xunta de Galicia. Curso de 200 h teórico-prácticas.
Concedido o recoñecemento de 1 crédito por cada 15 h, ata un máximo de 12 créditos para o alumnado de Grao que asista, cando menos, ao 85% das sesións teórico-prácticas impartidas.
No caso de superar a fase teórico práctica e a fase de prácticas obterase o título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
Máis información e inscricións: A Coruña