Preguntas frecuentes sobre a implantación da ApS na UDC

A aprendizaxe-servizo(ApS) é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden a traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva.
En definitiva, a ApS é un método para unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores. Aprender a ser competentes sendo útiles aos demais (Centre Promotor d’Aprenentatge Servei).

  • Ofrecer un servizo solidario á comunidade que estea destinado a atender necesidades reais previamente detectadas por dita comunidade.
  • Estar integrada no currículo académico dunha ou varias materias (TFG, TFM, Prácticum ou outras)
  • Ser empregada como estratexia educativa para acadar competencias e/ou obxectivos de aprendizaxe do marco curricular no que se integra.

Recomendámosche que consultes a nosa guía Avalía o teu proxecto de ApS para comprobar se o teu proxecto cumple cos principais criterios de calidade.

Todo o profesorado de todos os títulos da UDC pode empregar esta metodoloxía como complemento doutras que veña empregando xa. É recomendable traballar o ApS en grupos reducidos e con participación voluntaria por parte do  alumnado.

Si. O profesorado deberá integrala no paso 4 da guía (Planificación) asignándolle unha carga horaria aproximada e especificando se computa ou non na avaliación. A continuación, no paso 5 (Metodoloxías) pode facer unha breve descrición das características desta metodoloxía.

De tódolos xeitos, se se está fóra do prazo de edición das guías, pódese empregar esta metodoloxía previo acordo cos alumnos participantes e facer dita inclusión en futuras revisións da guía docente.

A Universidade da Coruña ten convenio con máis de 50 entidades públicas e privadas (asociacións, ONGs, Bancos de Alimentos, Concellos, etc.) para promover o desenvolvemento de proxectos de ApS. Pódese consultar a listaxe AQUÍ.

Se o equipo docente detecta unha necesidade social e/ou solidaria á que poda dar resposta mediante un ApS con unha entidade que non teña convenio coa UDC, debe poñerse en contacto coa OCV para poder tramitalo antes de poñer en práctica a iniciativa.

Si. A OCV encárgase da formación para o desenvolvemento da metodoloxía ApS a través de dúas convocatorias anuais dun curso de formación presencial de 10h de duración. Podes consultar as convocatorias AQUÍ

Tamén poden ser de axuda as guías de apoio elaboradas polo CUFIE e os obradoiros e conferencias da I Xornada de Aprendizaxe Servizo na UDC.

O CUFIE emitirá unha certificación a todos aqueles docentes cuxas experiencias de ApS fosen debidamente presentadas en forma e prazo á convocatoria anual correspondente, e resultasen validadas pola comisión coordinadora. Asimesmo, darase difusión ás experiencias validadas a través das webs institucionais do CUFIE e da OCV.

O alumnado participante nos proxectos validados e certificados obterá tamén unha certificación acreditativa emitida pola OCV.

A Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente vén de lanzar varias iniciativas para promover esta metodoloxía dentro da UDC: