Convocatoria de axudas por causas sobrevidas

A Universidade da Coruña (UDC) convoca axudas para o estudantado afectado por causas sobrevidas, que deberanse ter producido entre o 01/09/2025 e o 31/05/2026, e derivar nun grave deterioro da súa situación económica e persoal comprometendo a súa continuidade nos estudos universitarios.

Revisa os requisitos das persoas solicitantes, o procedemento de solicitude e o resto das bases da convocatoria na seguinte ligazón: Convocatoria

Para calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a bolsas@udc.gal indicando no asunto "axuda causas sobrevidas"

O prazo de solicitude será dende o día hábil seguiente ao da súa publicación no TEO ata as 23:59 horas do 31 de maio de 2026.

Rexistra a túa solicitude na UDC a través do formulario que atoparás a continuación