Convocatoria do Programa de Bolsas Santander Estudos Axuda Económica para Estudantado de Grao e Máster curso 2025/26

A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander, co ánimo de recoñecer ao estudantado cos mellores expedientes académicos e garantir a igualdade de oportunidades, convocan 250 bolsas do Programa de Bolsas Santander Estudos Axuda Económica 2025/2026 cuxo importe é de 1000 euros.
As bolsas irán dirixidas ao estudantado a tempo completo no curso académico 2025/26:
- 175 bolsas para grao.
- 75 bolsas para máster.

O prazo de solicitude comeza o 1 de outubro de 2025 e remata ás 23:00 horas do 15 de outubro de 2025.

O procedemento de solicitude é integramente telemático, e deberá empregarse o enderezo de correo institucional da UDC.
É obrigatorio facer a inscrición a través de dúas plataformas:
- UDC: na secretaría virtual da persoa solicitante: https://www.udc.es/es/estudantes/secretaria-virtual/
- Banco Santander: na lizagón: https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-2025.

 

Listaxe provisional bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda 2025/26

Publicanse as Listaxes Provisionais de persoas con bolsa concedida, denegada, coa mención da causa de denegación, e a listaxe de agarda.

As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día hábil seguinte á publicación desta resolución na Sede Electrónica da UDC, para presentar, de ser o caso, unha alegación e/ou achegar a documentación requirida á Sección de Bolsas:

  • Por correo electrónico, sempre e cando a reclamación se realice desde a conta de correo @udc.gal/@udc.es da que dispón o/a solicitante, á conta de correo: bolsas@udc.gal
  • Na Sede Electrónica UDC https://sede.udc.gal/services/telematic_register, sempre que a persoa solicitante dispoña de certificado dixital.
  • Prazo de alegacións do 30/10/2025 al 05/11/2025 remitindo un correo electrónico a bolsas@udc.gal indicando no asunto: Axuda Económica 2025-2026

Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda Axuda Económica 2025

Publicada a listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida, denegada e a listaxe de agarda.

O prazo de aceptación será dende o 11 ao 17 de novembro de 2025 

 

IMPORTANTE: Este ano, como novidade, deberá aceptar/renunciar o alumnado con bolsa concedida e o alumnado en listaxe de agarda, neste último caso, condicionada á obtención de bolsa tras producirse renuncias.

O procedemento para a aceptación/renuncia da bolsa é o seguinte:

A) Persoas coa Bolsa Santander Axuda Económica 2025-26 concedida
- As persoas coa bolsa concedida disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Taboleiro Electrónico Oficial da UDC (TEO), para aceptar a bolsa no formulario ao que poderán acceder ao pé desta páxina.

Os documentos que deben achegar no dito formulario, asinados dixitalmente ou manualmente e escaneados, son:

  • IMPRESO I :Aceptación ou renuncia da bolsa
  • IMPRESO II: Declaración xurada conforme non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, así como salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria da persoa bolseira, ou calquera tipo de ingresos pola prestación de servizos profesionais ou a realización de traballo remunerado.

Non presentar a aceptación, no prazo establecido, a través do formulario da UDC, entenderase como renuncia á bolsa.
- No mesmo prazo de cinco días hábiles, deberán solicitar a “alta de terceiros” no sistema contable da UDC, da conta do banco Santander da que deben ser titulares, a través da Sede Electrónica:
https://sede.udc.gal/services/procedures/ECO_003/xestion_terceiros/new
Durante o proceso terá que subir un documento xustificativo do número de conta para a alta e outro arquivo con copia do documento de identificación, sendo soamente válidos DNI ou NIE. Non é válido o pasaporte.
- Deberán aceptar a bolsa na plataforma do Banco Santander, a través da ligazón
https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-2025, no prazo de sete días naturais, a partir do 30 de novembro, unha vez recibida a notificación da concesión por parte do Banco Santander.

B) Persoas en listaxe de agarda da Bolsa Santander Axuda Económica 2025-26
- As persoas que figuren na listaxe de agarda, disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Taboleiro Electrónico Oficial da UDC (TEO), para manifestar a súa aceptación ou renuncia, condicionada á obtención da bolsa no caso de que esta lle fora concedida tras producirse vacantes, a través do formulario ao que poderán acceder ao pé desta páxina.

Non presentar a aceptación, no prazo establecido, a través do formulario da UDC, entenderase como renuncia á bolsa.

- Unha vez rematado o prazo de aceptación e renuncia das bolsas, o alumnado que figura na listaxe de agarda e que finalmente teña acadada a Bolsa Santander Axuda Económica 2025 tras producirse renuncias de persoas coa axuda concedida, recibirán unha comunicación electrónica dende a Sección de Bolsas, na súa conta de correo institucional@udc.es, informándolle de tal aspecto e coas indicacións para proceder co resto da tramitación (alta da conta bancaria e aceptación da bolsa na plataforma do Banco Santander).