Convocatoria de Axudas ao Transporte Urbano e Metropolitano

Convocatoria de Axudas ao Transporte Urbano na Cidade da Coruña e para as Áreas de Transporte Metropolitano da Coruña e Ferrol. 2020/21

A Universidade da Coruña (UDC) convoca 2.570 axudas para o transporte destinadas ao alumnado que estea matriculado no curso 2020-21 dun mínimo de 30 créditos  nunha titulación oficial de Grao / Máster ou a tempo completo, no caso de alumnado de Doutoramento, e cumpra os requisitos esixidos nesta convocatoria.

Podes consultar a convocatoria en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/011648 

O prazo para presentar  a túa solicitude e realizar todos os trámites en liña finaliza ás 14:00 h. do día 4 de decembro de 2020

Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.es 

Solicitude das Axudas ao Transporte: guía paso a paso

Esta guía é orientativa e, en ningún caso, substitúe a necesaria consulta da convocatoria para completar as instrucións que aquí aparecen resumidas.

Debes seguir os seguintes pasos para definir a túa solicitude e a documentación que necesitarás para presentala correctamente. Levarante ata a plataforma onde debes presentar a túa solicitude.

Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.es 

Lembra que para esta convocatoria toda a xestión será en liña polo que non deberás facer ningunha xestión presencial salvo que se che comunique por algunha incidencia.

a. Si, cumpro estes requisitos e o resto das bases da convocatoria **⇒⇒ Continúa no paso 2

b. Non, non cumpro estes requisitos ══╣Non tes dereito a axuda ao transporte

** Limitacións opción "a" :
Aínda que a túa opción sexa "a" ten en conta que non poderá gozar esta axuda o alumnado que:
- No curso 2020-21 estea realizando unha mobilidade nacional (SICUE) ou internacional (ERASMUS e asimilables), nin aquel alumnado que estea en planos de estudos sen dereito a docencia
- Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes, de conformidade co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social

  • Bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso 2019-20, en estudos postobrigatorios: Bacharelato, Ciclo Formativo de Grao Superior ou proba de Maiores de 25 anos e Universitarios.
  • Axuda propia da UDC para o alumnado en situación de dificultades económicas no curso 2019-20
  • Axuda propia da UDC para o alumnado en situación excepcional provocada pola COVID 19 do curso 2019-20

Sigue as indicacións en función da túa resposta:

Si ⇒ Continúa no PASO 3 - BLOQUE 1

Non ⇒Continúa no PASO 3 -BLOQUE 2

Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.es 

Deberás presentar  a túa solicitude a través da plataforma informática á que accederás premendo no botón ou enlace situados ao final de este bloque.

Revisa a documentación que deberás cargar e os trámites necesarios para formalizar correctamente a túa solicitude antes das 14 horas do día 4 de decembro de 2020, venres, no que remata o prazo.

Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.es 

Documentación que deberás cargar na plataforma:

  • Empadroamento municipal actualizado cos datos da unidade familiar

  • Credencial ou resolución da concesión da bolsa: só os alumnos con bolsa do Ministerio de Educación que cursaran no 2019-20: Bacharelato, Ciclos Formativos de Graos Superiores, Probas de Maiores de 25 anos.
    Nestes casos debe achegarse a acreditación de ter sido bolseiro no curso 2019-20, non a solicitude presentada para o  curso 2020/21

  • Solicitude completa, impresa e asinada orixinalmente

Una vez enchida a túa solicitude na plataforma, debes descargala desde o botón que cho permite, imprimila e asinala unicamente ti.

Logo debes escaneala/dixitalizala e cargala na aplicación informática de solicitudes.

Deberás encher a túa solicitude, imprimila, asinala e cargala antes das 14h do día 4 de decembro de 2020, venres, a través de plataforma informática á que accederas premendo no seguinte botón ou ligazón:

No caso de non seguir estes pasos, a túa solicitude desestimarase e non optarás á axuda ao transporte


Criterios de adxudicación para o Bloque 1

As axudas adxudicaranse de acordo coa media do expediente académico dos solicitantes, aproximada en 4 decimais:

  • Para os estudantes que accedan por primeira vez aos estudos universitarios: terase en conta a súa nota de acceso á universidade.
  • Para o resto de alumnos: terase en conta a nota media simple calculada segundo a Resolución do 15 de setembro de 2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 188, do 30 de setembro de 2001) ao finalizar o curso 2019-20.
    • Aplicaranse os seguintes coeficientes correctores:
      • 1,17 cando a rama da titulación sexa enxeñería e arquitectura 
      • 1,11 cando a rama da titulación sexa ciencias 
      • 1,05 se a rama é ciencias da saúde.
    • Para o alumnado de 1º de máster e doutoramento, aplicaranse estes coeficientes correctores á titulación que lles deu acceso aos estudos actuais.
  • No caso de empate aplicaranse os seguintes criterios, por orde sucesiva: :
    • Menor número de suspensos
    • Maior número de matrículas de honor
    • Maior número de sobresaíentes

Se non cumpres ningún dos requisitos do Bloque 1, poderás solicitar a axuda ao transporte neste bloque. Estas solicitudes optarán ás axudas que no sexan concedidas ao alumnado do Bloque 1.

Deberás presentar a túa solicitude a través da plataforma informática á que accederás premendo no botón ou na ligazón situados ao final deste bloque.

Revisa a documentación que deberás cargar e os trámites necesarios para formalizar correctamente a túa solicitude antes das 14 horas do 4 de decembro de 2020, venres, data na que remata o prazo.

Si tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.es 

Documentación que deberás cargar na plataforma:

  • Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros da unidade familiar
  • Empadroamento municipal actualizado cos datos da unidade familiar
  • Solicitude completa, impresa e asinada orixinalmente por todos os membros da unidade familiar.

Unha vez enchida a solicitude na plataforma, debes descargarla, imprimila e asinala orixinalmente, tanto ti, como os demais membros computables* da familia maiores de 14 anos. No caso de que algún miembro computable non poida asinar, terás que acreditar documentalmente esta circunstancia. 

Logo debes escaneala/dixitalizala e cargala na aplicación informática de solicitudes.

* Serán miembros computables:

  • O solicitante
  • Os pais ou, no seu caso, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, coa condición de sustentadores principais da familia. Se os pais están empadroados en enderezos distintos, e non están separados ou divorciados, tes que subir o empadroamento de ambos proxenitores.
  • Os irmáns solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2019 ou, os de maior idade cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
  • Os ascendentes dos pais (avós) que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que o solicitante co certificado municipal correspondente.

No caso de divorcio ou separación legal ou de feito dos pais, non  se considerará membro computable o que non conviva co solicitante da axuda.

Porén, terá a consideración de membro computable e sustentador principal o novo cónxuxe, parella, rexistrada ou non, ou persoa unida por análoga relación, cuxas rendas e patrimonio incluiranse dentro do cómputo da renda e patrimonio familiares.

Ademais, terá a consideración de membro computable a persoa con ingresos propios que, nesa data, conviva no domicilio co solicitante cando non medie relación de parentesco e non se poda xustificar un aluguer de piso compartido.

Cando o réxime de custodia establecido no convenio regulador sexa o de custodia compartida,  consideraranse membros computables o pai, e a  nai do alumno solicitante, os fillos comúns e os ascendentes do pai ou da nai, que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente.

No caso de non ter a obriga de presentar a declaración da renda, e de que non haxa datos de imputación na AEAT deberase achegar, segundo o caso, a documentación pola que se xustifiquen os ingresos:

  • No caso de ter ingresos no estranxeiro: Certificado de imputación da renda expedido polo organismo similar á Axencia Tributaria correspondente ao exercicio 2019
  • Certificado expedido pola Seguridade Social dos períodos de cotización e certificados de haberes e retencións dos mesmos.
  • Certificado de prestación e subsidios de desemprego.
  • Documento da/s entidade/s bancarias no que consten os rendementos de capital mobiliario e ganancias e perdas patrimoniais percibidas durante o ano 2019.
  • No caso de ser pensionistas: copia do xustificante anual da pensión ou pensións.
  • No caso de non ter datos no Catastro: fotocopias dos recibos da contribución urbana e rústica do exercicio 2019, excluída a vivenda habitual.
  • Copia da sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador.
  • Copia do acta de constitución de sociedades e do imposto de sociedades, así como o resumo anual dos impostos sobre o valor engadido (IVE).
  • Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes
  • Xustificación da situación que da dereito a algunha das deducións establecidas nesta convocatoria  (título de familia numerosa, certificado de discapacidade do solicitante, dos seus fillos ou irmáns convivintes, matrícula universitaria dos irmáns do solicitante que cursen os estudos e residan fora do domicilio familiar, documentación xustificativa de orfandade absoluta, etc.)

Debes acreditar a independencia familiar:

  • Mediante un empadroamento distinto ao dos proxenitores.

Consideraranse membros computables e sustentadores principais: o solicitante e súa cónxuxe, súa parella, rexistrada ou non, unida por análoga relación e os fillos, se os houbera, e que convivan no mesmo domicilio. Deberás acreditar documentalmente esta circunstancia.

  • Para determinar os medios económicos propios suficientes que permitan a independencia, utilizarase como referencia o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) que anualmente aproba o Goberno. Deberás xustificar cando menos os seguintes requisitos:
  1. A titularidade ou o aluguer do teu domicilio, que non pertenza a ningún familiar ata o 4º Grao de consanguinidade ou 2º de afinidade: mediante a escritura de propiedade ou o contrato de aluguer.
  2. Debes acreditar que levas empadroado nese domicilio cando menos todo o ano 2019: mediante o Empadroamento municipal actualizado
  3. Debes acreditar, como mínimo, os ingresos anuais por renda no ano 2019 que sinala o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples): mediante a documentación xustificativa correspondente (declaración renda, vida laboral, nóminas, contratos, etc.)

Lembra que unha vez enchida a túa solicitude na plataforma, debes descargala, imprimila y asinala orixinalmente, tanto ti, como os demais membros computables da familia maiores de 14 anos (revisa as instrucións no apartado de documentación xeral). 

Deberás encher a túa solicitude, imprimila, asinala (como se indicou anteriormente) e cargala antes das 14h do día 4 de decembro de 2020, venres, a través da plataforma a que accederas premendo no seguinte botón ou ligazón.

No caso de non seguir estes pasos, a túa solicitude desestimarase e non optarás á axuda ao transporte


Criterios de adxudicación para o Bloque 2

As axudas valoraranse e priorizaranse en función da renda persoal dispoñible dos solicitantes, de menor a maior contía, segundo os criterios económicos e patrimoniais regulados  na seguinte normativa:

  • Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, por o que se establece o réxime de bolsas e axudas ao estudio personalizadas (BOE do 17 de xaneiro)
  • Real Decreto 688/2020, do 21 de xullo, polo que se establecen os umbrais da renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudio para o curso 2020-21, e se modifica parcialmente o Real Decreto 1721/2007 (BOE núm. 199 de 22 de xullo)
  • Resolución da Secretaría de Estado de Educación, do 31 de xullo de 2020, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2020-21 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (BOE núm.214, de 8 de agosto)

No caso de empate concederáselle, unha axuda ao transporte ao solicitante coa nota media máis alta no expediente académico ou nas probas de acceso á Universidade para os alumnos que inicien estudos de Grao. As axudas adxudicaranse de acordo coa media do expediente académico dos solicitantes, aproximada en 4 decimais:

  • Para os estudantes que accedan por primeira vez aos estudos universitarios: terase en conta a súa nota de acceso á universidade.
  • Para o resto de alumnos: terase en conta a nota media simple calculada segundo a Resolución do 15 de setembro de 2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 188, do 30 de setembro de 2001) ao finalizar o curso 2019-20.
    • Aplicaranse os seguintes coeficientes correctores:
      • 1,17 cando a rama da titulación sexa enxeñería e arquitectura 
      • 1,11 cando a rama da titulación sexa ciencias 
      • 1,05 se a rama é ciencias da saúde.
    • Para o alumnado de 1º de máster e doutoramento, aplicaranse estes coeficientes correctores á titulación que lles deu acceso aos estudos actuais.
  • No caso de empate aplicaranse os seguintes criterios, por orde sucesiva: :
    • Menor número de suspensos
    • Maior número de matrículas de honor
    • Maior número de sobresaíentes

Modalidades e condicións de goce - Contía e Incompatibilidades

As modalidades de axudas serán dúas.
O alumnado debe solicitar a tarxeta que lle corresponda segundo a súa residencia durante o curso académico 2020-21, nos lugares que se indican segundo a modalidade.
Para solicitar estas axudas deberá xustificar a súa residencia co empadroamento ou co contrato de aluguer da vivenda durante o curso. Se solicitara outra tarxeta distinta á que corresponda conforme á dita documentación, deberá xustificalo documentalmente.

Para poder beneficiarse destas axudas, será requisito inescusable, consonte á modalidade, estar na posesión de:

Tarxeta Millenium: para o transporte urbano na cidade da Coruña. Tramítase nas oficinas municipais da Estación de Autobuses da Coruña

O alumnado terá un prazo de 2 meses para activala desde a resolución definitiva da convocatoria, de non facelo, perderá o dereito á axuda.

A tarxeta poderá ser utilizada no curso seguinte polos alumnos que non teñan esgotada a totalidade das viaxes subvencionadas e continúen estudos na UDC para o curso seguinte, ata esgotar as viaxes ou ata o 30 de novembro de 2021.

O alumnado que curse estudos na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e resida no Concello da Coruña, terá que estar en posesión da TMG para poder beneficiarse da axuda. A tarxeta Millenium non da dereito a esta bonificación.

Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG): para o alumnado maior de 21 anos.

Os menores de 21 anos, teñen á súa disposición a tarxeta XENTE NOVAque lles ofrece viaxes  gratuítas.

O abono das axudas farase efectivo a través da tarxeta TMG no momento en que se efectúe a recarga da tarxeta a finais do mes seguinte a aquel no que comecen a aplicarse as axudas.

Os beneficiarios dispoñen dun prazo de 2 meses para efectuar a recarga da axuda, de non facelo, perderán o dereito á axuda.  Podes consultar o estado das túas recargas no seguinte enlace: http://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta

  • Ao alumnado da UDC que curse estudos na Coruña, bonificaránselle os desprazamentos que realicen entre calquera concello da Área de Transporte Metropolitano (ATM) da Coruña e os Concellos da Coruña e de Oleiros nos que se localizan as dependencias universitarias.

A relación de concellos que integran a ATM da Coruña aparece recollida na seguinte ligazón: http://tmg.xunta.gal/area-da-coruna

  • Ao alumnado da UDC que cursa os seus estudos en Ferrol, bonificaránselle os desprazamentos que realicen entre calquera concello do ATM de Ferrol e o Concello de Ferrol no que se localizan as dependencias universitarias.

A relación de concellos que integran a ATM de Ferrol aparece recollida na seguinte ligazón: http://tmg.xunta.gal/area-de-ferrol

A TMG debe adquirirse ao prezo unitario establecido nas oficinas da entidade bancaria colaboradora no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia no seguinte enlace: https://tmg.xunta.gal/oficinas

En ningún caso se aplicarán estas bonificacións aos desprazamentos que se realicen fora das ATM citadas ou entre concellos que pertenzan a dúas áreas metropolitanas distintas.

O número máximo de cursos que un alumno/a pode gozar da axuda ao transporte será:

  • Para os estudos das ramas de enxeñería e arquitectura: 2 cursos máis dos establecidos no plan de estudos
  • Para o resto dos estudos: 1 curso máis dos establecidos no plan de estudos.

O importe máximo da subvención será de 114€ en viaxes, de acordo cos criterios de adxudicación desta convocatoria.

  1. Para a tarxeta urbana da Coruña Millenium: 300 viaxes a un prezo para o/a alumno/a de 0,30€/viaxe

  2. Para as áreas de transporte metropolitano e usando a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia (TMG), o importe máximo da subvención será de 114€ en viaxes.
    O prezo varía dependendo do número de saltos de acordo co seguinte cadro:

SALTOS

PREZO TMG

% BONIFICACIÓN

CONTÍA BONIFICADA

PREZO CON BONIFICACIÓN

0 ó 1

0,88

50%

0,44

0,44

2

1,34

40%

0,53

0,81

3

1,90

35%

0,66

1,24

4

2,31

35%

0,80

1,51

5

3,22

35%

1,12

2,10

6

3,78

35%

1,32

2,46

Estas axudas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de institucións públicas ou privadas destinadas ao mesmo fin.