No seu centro existen caixas de urxencias co contido básico para realizar unha cura.
Se non fose suficiente, se vostede é PDI laboral, PTXAS ou PCTI, deberá acudir a un centro asistencial de Fremap.
No caso de ser persoal dunha mutualidade (MUFACE, ISFAS...) deberá acudir ao seu centro de referencia (Sergas, ADESLAS...).
No seguinte ligazón atopará máis información.
Contacte co Servizo de Prevención de Riscos Laborais no seguinte enderezo servizo.prl@udc.es.
A campaña iníciase co envío a todo o persoal dun correo electrónico a mediados de xaneiro. Ese correo é para realizar a inscrición, que é única para todo o persoal da UDC. Logo desa data non se admiten inscricións, salvo nos casos que recolle expresamente a resolución da Xerencia.
Hai un prazo previsto, a principios de ano, para levar a cabo a inscrición, este prazo é único para todo o persoal. Realízase través dun formulario que se achega no correo electrónico que comunica o inicio da campaña.
Fóra do prazo establecido, sempre e cando estea dentro dos casos que figuran na resolución da Xerencia, para se inscribir deberá contactar co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083.
Si, un dos motivos en que se permite a inscrición fóra de prazo é non estar de alta no período de inscrición. Contacte co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083.
Se durante o período de inscrición vostede era persoal da UDC en activo e non se inscribiu, deberá esperar ao ano que vén.
No campus da Coruña realízanse no Edificio de Servizos Centrais de Investigación.
No campus de Ferrol realízanse nas instalacións de Quirón Prevención, rúa O Grove, Nº 1, 15570, Narón.
As probas externas realízanse nos centros que están especificados nos volantes.
As citas organízanse por centros, pode ver a organización aproximada na instrución de Xerencia.
Recibirá un correo electrónico en que informamos do que ten que facer no momento en que empecen as citacións do seu centro.
Se o período do seu centro xa pasou, ou se necesita facelo antes, póñase en contacto co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083.
Si, é moi recomendable. Contacte co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083.
Non. Contacte co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083 ou a través do enderezo administracion.servizo.prl@udc.es para concertar outra cita.
Polo xeral, os resultados tardan de 7 a 30 días, se pasado este prazo non recibiu o correo electrónico que indica que os pode descargar, contacte co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083 ou a través do enderezo administracion.servizo.prl@udc.es
Contacte co persoal administrativo do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na extensión 1083 ou envíe un correo electrónico a administracion.servizo.prl@udc.gal.
Envíe un correo electrónico a administracion.servizo.prl@udc.gal cos seus datos (DNI, nome e apelidos). Ademais, debe especificar a proba que lle falta e a localidade onde a desexa realizar (A Coruña ou Ferrol).
Envíe un correo electrónico a administracion.servizo.prl@udc.gal cos seus datos (DNI, nome e apelidos), a cita que precisa e a localidade onde a solicitou (A Coruña ou Ferrol).
Parabéns!!!
Si, é recomendable comunicar a situación para confirmar que non existan riscos no seu posto de traballo para vostede ou o feto. Deberá remitir a administracion.servizo.prl@udc.es a documentación que está publicada na páxina web e cubrir o formulario que se indica.