O I Plan de Igualdade da UDC recolle unha serie de obxectivos e medidas encamiñados a mellorar a presenza equilibrada de mulleres e homes na institución, así como a erradicar a desigualdade nos seus diversos ámbitos. O I Plan pivota ao redor de cinco eixes de actuación e 47 medidas a desenvolver entre 2013 e 2017.
Rematado o periodo de vixencia do I Plan de Igualdade fixose unha avaliación dos resultados acadados, así coma unha serie de propostas de mellora que foron utilizadas para elaborar o II Plan de Igualdade da UDC.