Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da UDC

Para a transformación no ámbito da igualdade de xénero, na UDC dispoñemos de dúas ferramentas fundamentais, o II Plan de igualdade 2019-2022  e o Protocolo para a prevención e protección fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo.

O primeiro Plan de Igualdade da UDC supuxo o principio dunha liña de traballo que buscaba resultados a curto, medio e longo prazo. Conscientes de que o traballo a prol da igualdade é unha carreira de fondo, os seus obxectivos e liñas mestras seguen vixentes a día de hoxe.

Segue tamén inquebrantable a vontade de traballar desde o eido universitario e dar os chanzos precisos para vertebrar da perspectiva de xénero tanto o coñecemento que se produce, coma o contexto no que se traballa, coma a institución que se constrúe e proxecta de maneira constante.

Como consecuencia deste traballo, a transferencia social dunha universidade inequívocamente feminista debe procurar esa transformación da sociedade que permita unha vida en igualdade real e efectiva.