Representantes de Igualdade nos centros
A figura de Representante de Igualdade nos centros xorde do II Plan de igualdade da UDC, co obxectivo de desenvolver propostas para orientar a actividade das facultades ou centros en materia de igualdade.
Funcións
As persoas que ocupen esta figura, colaborarán coa Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) na potenciación de accións específicas, relacionadas co principio de igualdade, que se leven a cabo para a comunidade universitaria da UDC.
A persoa representante será nomeada pola Dirección da OIX e o seu nomeamento será notificado ao decanato do centro e á Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte. A representación será de catro anos renovables.
A súa función fundamental será a de facer de canle de comunicación entre a OIX e os centros e viceversa. Outras das funcións das representantes descríbese polo miúdo neste enlace.
Representantes de Igualdade nos centros da UDC
A Coruña
- Centro de Investigación en Tecnoloxías de Información e as Comunicacións. Beatriz Botana Barreiro.
- Edificio de Servicios Centrales de Investigación. Sabina Rodríguez Hermida.
- ETS de Arquitectura. María Victoria Otero Piñeiro.
- ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. María del Pilar Roel Vilas.
- ETS de Náutica e Máquinas. Rebeca Bouzón Otero.
- EU de Arquitectura Técnica. Marta Benítez García.
- EU de Enfermaría. Estela Souto Fernández.
- Facultade de Ciencias. María Suárez Taboada.
- Facultade de Ciencias da Comunicación. Patricia Comesaña Comesaña.
- Facultade de Ciencias da Educación. María Mar Rodríguez Romero.
- Facultade de Ciencias da Saúde. María de las Mercedes Seoane Bouzas.
- Facultade de Ciencias do Deporte. María José Mosquera González.
- Facultade de Dereito. Jennifer Sánchez González.
- Facultade de Economía e Empresa. Ángeles María Longarela Ares.
- Facultade de Filoloxía. Rosario Macato Rey.
- Facultade de Fisioterapia. Sandra Martínez Bustelo.
- Facultade de Informática. Beatriz Pérez Sánchez.
- Facultade de Socioloxía. Laura Suárez Grimalt.
- Facultade de Turismo. Jakson Renner Rodrigues Soares.
Ferrol
- Escola Politécnica Enxeñaría de Ferrol. María Elena Arce Fariña.
- EU de Deseño Industrial. Gemma Rojo López.
- Facultade de Ciencias do Traballo. María Asunción López Arranz.
- Facultade de Enfermaría e Podoloxía. Carla Freijomil Vázquez.