Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas

Videoconferencia gravada

Breve descrición dos Graos Abertos

No caso do grao aberto de Ciencias Sociais e Xurídicas (60 créditos - 1 curso), no Campus da Coruña e con dez prazas. Os graos abertos combinan materias de varios graos da mesma rama de coñecemento. O obxectivo desta modalidade é ofrecer aos estudantes que inician o seu percorrido na UDC a posibilidade de non ter que escoller un grao nun primeiro momento, senón que poderán ir cursando materias de diferentes graos dunha mesma rama de coñecemento e, no segundo ano, elixir o grao que máis se adecúe ás súas preferencias.

Unha boa parte dos créditos que fagan serán recoñecidos no grao de destino, os que non, constaranlles igualmente no seu expediente académico e no seu Suplemento Europeo ao Título. Sempre contarán co asesoramento e acompañamento dun titor que lles axudará a ir definindo a súa traxectoria académica.

Vídeos

Presentación curta do centro responsable
Aquí atoparedes unha breve descrición da Facultade de Economía e Empresa e as titulacións que nela se imparten

Conversas co alumnado da Facultade de Economía e Empresa

Conversas co alumnado da Facultade de Dereito

Conversas co alumnado da Facultade de Turismo

Conversas co alumnado da Facultade de Socioloxía

Conversas co alumnado da Facultade de Ciencias da Educación