Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas (Novidade no curso 20/21)

Videoconferencia gravada

Se a perdiches ou queres volver a vela podes facelo agora

Videoconferencias

Xoves 8 de abril na mañá ás 10:30 h - Finalizada

Xoves 8 de abril na tarde ás 16:00 h - Finalizada

Breve descrición dos Graos Abertos

No caso do grao aberto de Ciencias Sociais e Xurídicas (90 créditos - 1 curso e medio), no Campus da Coruña e con dez prazas. Os graos abertos combinan materias de varios graos da mesma rama de coñecemento. O obxectivo desta modalidade é ofrecer aos estudantes que inician o seu percorrido na UDC a posibilidade de non ter que escoller un grao nun primeiro momento, senón que poderán ir cursando materias de diferentes graos dunha mesma rama de coñecemento e, durante o segundo ano, elixir o grao que máis se adecúe ás súas preferencias.

Unha boa parte dos créditos que fagan serán recoñecidos no grao de destino, os que non, constaranlles igualmente no seu expediente académico e no seu Suplemento Europeo ao Título. Sempre contarán co asesoramento e acompañamento dun titor que lles axudará a ir definindo a súa traxectoria académica.

Vídeos

Presentación curta do centro 
Aquí atoparedes unha breve descrición da Facultade de Economía e Empresa e as titulacións que nela se imparten