Información actualizada por titulacións e gravacións de charlas impartidas.
Como futuro estudante universitario queremos amosarche a información sobre cada titulación: a ficha de cada grao e a gravación da videoconferencia correspondente.
Benvido/a á Universidade da Coruña!
Benvido/a ao teu futuro!
Premendo no seguinte botón atoparás información sobre Acceso, Admisión/Preinscrición, Matrícula e sobre a oferta de graos (notas de corte, novidades, simultaneidades, graos internacionais, docencia en inglés):
O Campus Industrial conta con seis centros nos que se imparten catorce graos, nove másteres e seis programas de doutoramento enmarcados nas dúas áreas de especialización que fan de Ferrol un Campus singular: a naval e oceánica e a industrial.
A UDC quere comprometerse decididamente, desde os ámbitos da docencia, da investigación e da transferencia de resultados, co impulso da sustentabilidade do modelo de sociedade actual. De aí xorde a súa aposta pola especialización neste eido a través da posta en marcha deste Campus Sustentabilidade.
O Campus Innova responde ao impacto da innovación no crecemento económico e no desenvolvemento empresarial consolidando a UDC como un polo de coñecemento de excelencia na innovación dixital, tecnolóxica e humanística.
A Universidade da Coruña contribúe ao progreso e á innovación coa posta en marcha dun parque tecnolóxico que se converterá no departamento da I+D+i das empresas. O Parque é un complexo conxunto de centros de investigación que se reparten entre os campus de Elviña e de Ferrol. Este proxecto, que xa é unha realidade apoiada de forma decidida tanto polas administracións públicas como polo sector empresarial, posibilitará o contacto directo entre a universidade e a empresa.