Dereitos e deberes

Normativa vixente en materia de estudantado e xestión académica

Normativa de xestión académica para este curso
Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
Normativa de atención á diversidade
Resto de normativa académica
Normativa de estudantes

Avaliación docente

Ao remate de cada cuadrimestre poderás avaliar a docencia recibida en cada materia. Faino!
É importante saber a túa opinión para poder mellorar! Para acceder, preme na seguinte ligazón: Avaliemos

Valedora universitaria

A persoa encargada de velar polo respecto dos dereitos e as liberdades da comunidade universitaria con total independencia é a Valedora universitaria. Se o necesitas, podes contactar con ela.

Seguro escolar

Ao matricularte nunha titulación oficial da Universidade da Coruña contas coa prestación dos seguintes seguros de asistencia:
Seguro escolar obrigatorio: págase coa matrícula, para o alumnado menor de 28 anos. 
Seguro Cum Laude (Hac Luce Accidentes): obrigatorio para maiores de 28 anos e para o alumnado que realiza prácticas académicas externas, actividades deportivas, culturais e sociais; e voluntario para o resto de alumnado.
Seguro Hac Luce Mobilidade: para o alumnado que viaxa ao estranxeiro mediante un programa de intercambio internacional.

Máis información