Ana Dorotea Tarrío Tobar

Valedora universitaria

Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (1980-1985), doutora en Matemáticas pola mesma universidade (1993) e catedrática de escola universitaria da Área de Matemática Aplicada da UDC. Desde 1986 é profesora de universidade.  Impartiu docencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos,na  Facultade de Ciencias e na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Forma parte do grupo de Innovación Educativa mateES, no que se elaboran material e artigos relacionados coa innovación docente.

A súa investigación enmárcase no ámbito da Xeometría Diferencial e as súas aplicacións. Forma parte do grupo de investigación da UDC do mesmo nome (XDA), a maioría dos proxectos de investigación nos que foi IP ou participou, dos relatorios e das publicacións científicas, están relacionados con esta rama das Matemáticas.

Dedica unha parte substancial do tempo á divulgación, a través de conferencias, obradoiros e publicacións, con dúas temáticas principais: as aplicacións das Matemáticas no ámbito da Arquitectura e da Enxeñaría e a difusión da biografía de mulleres matemáticas destacadas.

No ámbito da xestión foi secretaria do Departamento de Matemáticas no momento da creación da Universidade da Coruña (1990-1993), vicerreitora de Organización Académica (2006-2008) e vicerreitora de Organización Académica e Titulacións (2008-2012). Ademais durante eses anos formou parte de diferentes comisións e órganos de goberno dos centros ou da universidade.  

Equipo

Rosa González Romero

Secretaria administrativa