Programa de bolsas Prácticas Fundación ONCE-CRUE

Prácticas externas curriculares ou extracurriculares remuneradas

O programa é unha iniciativa da Fundación ONCE-CRUE coa que colabora a Universidade da Coruña.

O programa ofrece a oportunidade de que o estudantado universitario de grao e mestrado con discapacidade realice prácticas académicas externas remuneradas tanto na modalide de prácticas curriculares coma extracurriculares.

O programa conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Todo o estudantado matriculado neste curso académico (2025/2026) nun grao, tendo o 50% dos créditos superados incluíndo toda a formación básica, ou nun mestrado, tendo o 25% dos créditos superados, que teña unha discapacidade recoñecida legalmente de, como mínimo, dun 33%, e queiran realizar prácticas, xa sexan curriculares ou extracurriculares, cómpre que lea con atención as bases desta convocatoria.

Duración das prácticas: 3 meses.

Contía total: 1800€. Contía por mes: 600€.

Periodo de inscrición para solicitar a bolsa: ata o 10 de decembro de 2025.

Periodo de Prácticas: Pódense elixir 3 meses consecutivos entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro do 2026.

 

New content section