Prácticas Remuneradas Campus Rural 2026

En que consisten as prácticas do Programa Campus Rural?

  • Prácticas externas: Extracurriculares ou curriculares (co acordo do centro de estudos).
  • Entidades colaboradoras: Entidades públicas (concellos, mancomunidades etc.) e privadas (empresas, fundacións, ONG, asociacións relacionadas co desenvolvemento rural etc.) situadas en zonas rurais con problemas de despoboamento, de Galicia e doutras autonomías do Estado. Darase preferencia ás entidades colaboradoras de fóra da provincia da Coruña (segundo o convenio asinado entre a UDC e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico -MITERD). Tamén terán preferencia as entidades que dean solución habitacional ao estudantado de prácticas. 
  • Lugares: municipios de Galicia e do Estado situados en zonas rurais con problemas de despoboamento. 
  • Iniciativa: Do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD), que achega o 90% do custo total do programa (que é de 79.929 €), en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE). A UDC colabora todos os anos co programa. Esta será xa a súa V edición e a UDC achega o 10% dese custo total.

 

  • Remuneración: 1.000 € / estudante e mes
  • Nº de prazas: 20 
  • Prazo de inscrición: dende o 31/03/2026 até o día 17/04/2026
  • Nº de prácticas ofertadas: 49 ofertas 
  • Duración das prácticas: 3 meses (nun período comprendido entre o 1 de xuño e o 14 de novembro de 2026)

 

  • Filosofía do programa: Que o estudantado universitario viva unha auténtica experiencia de inmersión cultural e, simultaneamente desenvolva competencias tanto específicas coma transversais propias dos seus estudos, e que contemple para o futuro outras posibilidades de emprego máis alá de zonas máis poboadas e industrializadas. 
  • Aloxamento do estudantado en prácticas: Tal e como se establece na convocatoria, o estudantado beneficiario das prácticas terá que residir no mesmo municipio en que as realice; se isto non é posible, poderá residir en municipios de similares características situados a unha distancia non superior a 20 km do lugar de realización das prácticas, co visto bo da UDC e do MITERD (+ info na convocatoria). 
  • Entidades preferentes: Terán preferencia aquelas prácticas realizadas fóra da provincia da Coruña da listaxe de ofertas das entidades que figuran no Anexo I da convocatoria. Nas fichas das empresas indícase se a entidade colaboradora facilita o aloxamento, procura información ou axuda (incluída monetaria). Darase preferencia ás prácticas ofertadas polas entidades que faciliten aloxamento e/ou faciliten unha axuda e a aquelas que axuden con información relevante sobre as posibilidades de aloxamento. 

Outra información

As entidades colaboradoras (empresas, entidades públicas, asociacións, fundacións etc.) non terán que asumir custo algún, xa que o programa é totalmente gratuíto para elas. A UDC realizará a selección das prácticas no marco da súa capacidade autoorganizativa e poderá adoitar criterios propios de selección, así como aqueles necesarios para xestionar os casos de renuncia.

Síguenos en:

Linkedin_redondo_negro   logo instagram_negro   logo bluesky negro