As Dinámicas de Grupo, dentro do contexto do proceso de selección de persoal, son probas que acostuman ser utilizadas polo persoal técnico de RRHH para analizar algunas das competencias requiridas aos/ás candidatos/as para o desempeño do posto de traballo ao que optan.
O persoal técnico de RRHH reúne aos/ás candidatos/as en grupos e plantexa unha tarefa que van a ter que resolver en equipo. O nº de integrantes de cada grupo pode variar entre 4 e 12. A proba consiste en que o grupo resolva un caso problemático presentado por dous ou máis recrutadores/as que observan e analizan os comportamentos e a interacción de cada compoñente do grupo no proceso de resolución conxunta da tarefa.
As Dinámicas de Grupo non ocupan un lugar fixo dentro do proceso de selección: poden aplicarse nas primeiras fases como filtro de selección de aqueles/as candidatos/as que posúan unhas determinadas características de personalidade e competencias desexables para o desempeño óptimo do posto de traballo previo a unha entrevista personalizada; ou ben, pode aplicarse na última fase cando procede tomar unha decisión final entre varios/as candidatos/as finalistas tras unha batería de probas.
Existe un amplo abano de tipos de actividades a resolver de xeito grupal nestas dinámicas:
A continuación, dispós de información sobre que competencias son as máis avaliadas neste tipo de probas, cales son as actitudes máis recomendables por parte dos candidatos/as e algúns exemplos concretos de tarefas presentadas: